Abrir o menú principal

Cambios

m
lig int.
Coñécense preto de 65 000 [[especie]]s actuais,<ref name=cha>[http://www.environment.gov.au/biodiversity/abrs/publications/other/species-numbers/2009/03-exec-summary.html Chapman, A. D. (2009): ''Numbers of Living Species in Australia and the World'', 2nd edition. Australian Biodiversity Information Services ISBN 9780642568618]</ref> a maioría pertencentes ao [[filo|subfilo]] dos [[vertebrados]], e case a metade das cales son [[peixes]].
 
Os cordados son un grupo con gran diversidade, adaptados a un gran número de [[nicho ecolóxico|nichos ecolóxicos]] e que demostraron ao longo da súa [[evolución biolóxica|historia evolutiva]] notábeis adaptacións, sobre todo ao medio terrestre e os seus ambientes, aínda que tamén ao acuático ou o anfibio, nos cales moitos deles constitúen os últimos [[eloElo (homónimoscadea)|elos]] [[cadea trófica|tróficos]] dos seus [[ecosistema]]s.
 
Nos cordados destaca a capacidade de [[Homeóstase|autorregulación]] e organización interna; algúns, como as [[aves]] e os [[mamíferos]], poden elevaren e manteren constante a [[homeotermia|temperatura do corpo]]. Estes e outros factores engadiron complexidade a este grupo de animais, permitindo un maior control sobre as [[reacción química|reaccións]] [[metabolismo|metabólicas]] e o desenvolvemento dun complexo [[sistema nervioso]].
59.009

edicións