Italiano do Norte: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 9:
As definicións do italiano do Norte son contraditorias:
 
* Def. 1: É un grupo de dialectos da [[lingua italiana]], segundo a [[lingüística románica]] tradicional (véxase por ex. Gian Battista Pellegrini<ref> Pellegrini, G.B. (1975) “I cinque sistemi dell'italoromanzo”, Saggi di linguistica italiana (Turin: Boringhieri), pp. 55-87</ref>, [[Pierre Bec]], Jacques Allières<ref> Allières, Jacques (2001), Manuel de linguistique romane, coll. Bibliothèque de grammaire et de linguistique, París: Honoré Champion</ref>). Porén, para que esta definición sexa válida é preciso entender por ''lingua italiana'', como nas obras do lingüista alemán [[Gerhard Rohlfs]]<ref> Rohlfs, Gerhard (1937) La struttura linguistica dell’Italia, Leipzig: s.n. </ref>, <ref>Rohlfs, Gerhard 1966-69 Grammatica storica della lingua italiana e dei suoi dialetti. (3 vol: Fonetica. Morfologia. Sintassi e formazione delle Parole), Einaudi, Torino. </ref>, o conxunto dos dialectos románicos da Italia (e mesmo de [[Córsega]]), entre os que destaca o idioma italiano literario e oficial, que provén do dialecto [[Florencia - Firenze|florentino]] de [[Dante]], [[BoccaccioBocaccio]] e [[ Petrarca]].
* Def. 2: É unha ''lingua románica'', diferente do italiano, segundo certos lingüistas como [[Heinrich Schmid]] <ref>Schmid, Heinrich (1956) Über Randgebiete und Sprachgrenzen", Voz Romanica, XV, pp. 79-80</ref>, [[Andreas Schorta]]<ref>Schorta, Andrea (1959) "Il rumantsch - grischun sco favella neolatina", Annalas da la Società Retorumantscha, LXXII, pp 44-63).</ref> e, sobre todo, [[Geoffrey Hull]].<ref> Hull, Geoffrey (1989) ''Polyglot Italy:Languages, Dialects, Peoples'', CIS Educational, Melbourne</ref>, <ref> Hull, Geoffrey (1982) ''The linguistic unity of Northern Italy and Rhaetia'', tese doutoral, [[University of Western Sydney]].</ref>
* Def. 3: Existen reivindicacións segundo as que ''cada dialecto do italiano do Norte é unha lingua diferente'', véxase a clasificación de [[Ethnologue]]. [http://www.ethnologue.com/show_family.asp?subid=300-16] Esta opinión é escasamente aceptada polos lingüistas tradicionais, coa excepción do [[lingua piemontesa|piemontés]] grazas ao seu dinamismo particular. Respecto ao uso na vida de todos os días, o [[véneto]] é, hoxe en día, o máis empregado e o que resiste mellor á presión do italiano estándar.