Alejandro Lerroux: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
de es: é bastante mellorable
 
mSen resumo de edición
Liña 8:
A condena contra un dos seus artigos levouno por primeira vez ao exilio en [[1907]]; volvería abandonar o país escapando das represalias gobernamentais trala [[Semana Tráxica de Barcelona]] en [[1909]]. Ao seu regreso ingresou na [[Conjunción Republicano-Socialista]], e recuperou en [[1910]] o seu escano de deputado; con todo, os escándalos de corrupción que se sucederon o alienaron do seu electorado barcelonés, e en [[1914]] a falta de apoio levouno a presentarse en Córdoba. Participou en política aínda durante a ditadura de [[Miguel Primo de Rivera]], aínda cando a secesión dos Radical-Socialistas de [[Marcelino Domingo]] en [[1929]] debilitou o seu partido; formou parte do comité revolucionario que preparou o derrocamento de [[Afonso XIII]], e participou na proclamación da [[Segunda República Española]] en [[1931]].
 
Apoiou as reformas do goberno de [[Manuel Azaña]] durante o seu primeiro bienio, e como ministro de Estado formou parte da coalición de [[esquerda (política)|esquerda]] que apoiou a este. Con todo, aproximouse ás posicións da [[dereita (política)|dereita]] e en [[1933]] pactou cos conservadores que obtiveron o poder. Entre [[1933]] e [[1935]] ocupou tres veces a cabeza do goberno, ademais das carteiras de Guerra ([[1934]]) e Estado (1935). O seu definitivo derrube político viría dado polo seu implicación no escándalo do [[estraperlo]], que motivou o seu alonxamento da coalición gobernante. Non obtivo éxito nas eleccións de [[1936]], e exiliouse en [[Portugal]] ao comezo da [[Guerra Civil Española]]. Regresou a España en [[1947]], habéndoseténdose reconciliado cos líderes do alzamento militar do ano [[1936]].
 
{{Presidentes do Goberno da II República}}