Xano (deus): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
ZéroBot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: ckb:جانوس
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 5:
A súa representación habitual é bifronte, isto é, con dúas caras mirando en sentidos opostos. É o deus dos cambios e as transicións, dos momentos nos que se traspasa o pasado do futuro. A súa protección, esténdese cara aqueles que desexan variar a orde das cousas. Honrábase cada vez que se iniciaba un proxecto novo, nacía un cativo ou se contraía matrimonio.
 
O seu principal [[templo]] no [[Foro (Roma)|Foro]] romano tiña portas que daban ao este a ao oeste, para recibir luz da alba e do solpor, e entre elas situábase a súa estatua, con dúas caras, cada unha mirando en sentidos opostos. En tódolos fogares dirixíaselle a pregaria matutina, e en toda tarefa doméstica procurábase a súa asistencia. Como deus dos comezos, invocábase publicamente o primo dia de xaneiro (''Ianuarius''). Invócase tamén ao iniciar unha [[guerra]], e mentres esta durara, as portas do seu templo ficaban sempre abertas, cando [[Roma]] estaba en paz, a portas fechábanse. Xano non ten equivalente na [[mitoloxía grega]].
 
Ao igual que [[Prometeo]], Xano é unha sorte de heroe cultural, xa que atribúeselle, entre outras cousas, a invención do diñeiro, das leis e da agricultura.