Sunny Day Real Estate: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Beninho (conversa | contribucións)
Liña 33:
 
Dous anos despois do fin da banda, a [[Sub Pop]] ofreceu aos integrantes o proxecto dun recopilatorio de rarezas. Como non había moito material dispoñible, a [[Sub Pop]] pedíulles que escribisen cancións novas para encher o disco. O proceso de gravacións correu tan ben que decidiron reunirse e lanzar un álbum totalmente novo. Mendel sen embargo decidiu permanecer en [[Foo Fighters]] e [[Jeff Palmer]] converteuse no baixista para o terceiro álbum da banda, ''How It Feels to Be Something On''. O disco amosaba unha banda máis madura e foi bastante eloxiado. En pouco tempo a banda converteuse na máis vendida do catálogo da [[Sub Pop]], chegando ás 80.000 copias (un número excelente para os patróns do momento da [[Sub Pop]]). Despois da xira de divulgación do álbum, Palmer foi substituído por [[Joe Skyward]].
 
Descontenta co contrato coa [[Sub Pop]], a banda gravou un álbum en directo, sinxelamente titulado ''Live'' para cumplir o acordo coa discográfica. Despois diso a banda asinou un novo contrato coa Time Bomb Recordings, e como un trio (Skyward participou só na xira), lanzou ''The Rising Tide'' en [[2000]].
 
O tempo pasou e a banda foi morrendo aos poucos. En [[2002]], [[Jeremy Enigk]], [[William Goldsmith]] e [[Nate Mendel]] (este último aínda toca en [[Foo Fighters]]) xuntáronse novamente e formaron unha nova banda, [[The Fire Theft]], cuxo primeiro disco, autotitulado, foi lanzado en [[2003]].
 
==Discografía==