Miguel Pselo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|right| +|dereita| & -|left| +|esquerda|)
Servando2 (conversa | contribucións)
Liña 16:
En [[1041]] entrou na corte como secretario imperial (''hypogrammateús'') de Miguel V, e en torno a [[1042]], contraeu matrimonio cunha muller de boa familia, descendente dun valido do emperador [[León VI o Sabio|León VI]] ([[886]]-[[912]]). Do matrimonio naceu unha soa filla, Estiliana, á que Pselo colmou de atencións, e que morreu á temperá idade de nove anos, o que motivou o ingreso da súa muller nun mosteiro. Pselo quedouse unicamente cunha filla adoptiva, Eufemia, pero o compromiso da moza cun mozo de boa familia debeu romperse, o que provocou mesmo un proceso legal contra o historiador.
 
Ao ascender ao trono imperial [[Constantino IX|Constantino IX Monómaco]] ([[1042]]-[[1055]]), Pselo converteuse en secretario de estado e gran chanceler. Tiña nese momento uns vinte e cinco anos, e ao mesmo tempo ensinaba [[retórica]] e [[filosofía]] na [[Academia de Constantinopla]], onde tivo entre outros discípulos a [[Xoán Ítalo]] e a [[Teofilacto Simocatta|Teofilacto]]; estaba considerado un grande helenista, constituíndose na columna vertebral do que na época dos [[Comneno]]s se denominou "Renacemento helénico".
 
Monómaco foi retirando aos poucos o seu favor aos eruditos do contorno de Pselo, que tiveron que tomar finalmente o hábito monástico para evitar seren perseguidos. O propio Pselo tonsurouse como monxe repentinamente a finais do ano 1054, adoptando o nome monástico de ''Miguel''. Isto é estraño, xa que o costume bizantino era escoller un nome que comezase coa mesma letra do nome bautismal. Na súa ''Cronografía'' sinala, sorprendentemente, que o fixo malia as protestas do propio Emperador, que non quería verse privado da súa compañía. Pselo é de feito deliberadamente ambiguo ao falar sobre os motivos que o impulsaron a este retiro, e que posibelmente non tivesen que ver co Emperador senón co seu contorno cortesán, algo que explicaría que xustamente á morte de Monómaco, en xaneiro de [[1055]], Pselo abandonase axiña Constantinopla e se refuxiase no mosteiro da Fermosa Fonte, no [[Uludağ|Olimpo bitinio]]. Por entón morreu a súa nai, co que Pselo quedou privado de familia.