Xofre: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.7.2+) (Bot: Engado: gu:ગંધક
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 83:
[[Ficheiro:Burning-sulfur.png|miniatura|esquerda|Xofre en combustión.]]
 
O xofre é un [[elemento químico esencial]] para todos os organismos vivos, sendo constituínte importante de moitos [[aminoácido]]s. A [[cisteína]], a [[metionina]], a [[homocisteína]] e a [[taurina]] conteñen xofre, formando as pontes de bisulfito entre os [[polipeptídeo]]s, ligazón de grande importancia para a formación das estruturas espaciais das [[proteína]]s. É constituínte de algunhas [[vitamina]]s, participando na síntese do [[coláxeno]], neutraliza os tóxicos e axuda o [[fígado]] na secreción da [[bile]]. É encontrado en [[legume]]s como [[espárrago]]s, [[Allium ampeloprasum var. porrum|porro]]s, [[allo]]s, [[cebola]]s, tamén en [[peixe]]s, [[queixo]]s e xema de [[Ovo (bioloxía)|ovo]]s; diferentemente do inorgánico, o xofre dos alimentos non é tóxico e o seu exceso é eliminado pola urina; a súa deficiencia retarda o crecemento. As plantas absorben o xofre do solo como [[ión]] sulfato, e algunhas bacterias utilizan o sulfuro de hidróxeno da auga como doadores de electróns nun proceso similar a unha [[fotosíntese]] primitiva.
 
O xofre é usado en múltiples procesos industriais como, por exemplo, na produción de ácido sulfúrico para [[Batería (electricidade)|batería]]s, fabricación de [[pólvora]] e [[vulcanización]] do [[caucho]]. O xofre tamén ten usos como [[funxicida]] e na manufactura de [[fosfato]]s [[fertilizante]]s. Os sulfitos son usados para branquear o [[papel]] e nos [[misto]]s. O [[tiosulfato]] de [[sodio]] ou [[amonio]] é empregado na industria fotográfica como fixador, xa que disolve o [[nitrato de prata]]; e o sulfato de magnesio (sal Epson) ten usos diversos como como [[laxante]], [[esfoliante]] ou suplemento nutritivo para [[planta]]s.