Diferenzas entre revisións de «Henrique, duque de Viseu»

m
sen resumo de edición
m
Cunha nova embarcación, a [[Carabela (embarcación)|carabela]], as expedicións sufriron un grande impulso. O [[Cabo Branco, Mauritania|Cabo Branco]] foi alcanzado en [[1441]] por Nuno Tristán e Antón Gonçalves. A [[Baía de Arguim]] en [[1443]], coa conseguinte construción dun forte en [[1448]].
 
Dinis Dias chega ao [[río Senegal]] e dobra o [[Cabo Verde]] desde [[1444]]. A [[Guinea-Bisau - Guiné-Bissau|Guinea]] é visitada. Así, os límites ao sur do gran deserto do [[Sahara]] son sobrepasados. A partir de aí, D. Henrique cumpre un dos seus obxectivos: desviar as rotas do comercio do Sahara e acceder ás riquezas en África Meridional. En [[1452]] a chegada de ouro era en suficiente cantidade para que se acuñaron os primeiros ''cruzados'' de ouro.
 
Entre [[1444]] e [[1446]], preto de corenta embarcacións saíron de [[Lagos, Algarve|Lagos]]. Na década de 1450 descubriu o arquipélago de Cabo Verde. Data desa época a orde dun mapa-mundo do vello mundo a Fra Mauro, un monxe veneciano.
19.713

edicións