Célula principal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|right| +|dereita| & -|left| +|esquerda|)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 13:
 
==Secrecións==
O [[pepsinóxeno]] é a principal secreción das células principais gástricas. O pepsinóxeno é un [[cimóxeno]], é dicir, un proencima que no seu estado inicial está inactivo, pero que ao verterse ao estómago sofre unha rotura [[proteólise|proteolítica]] que o converte na súa forma activa, que no caso do pepsinóxeno se denomina [[pepsina]]. A pepsina é unha [[protease]] que degrada as proteínas dos alimentos, iniciando a dixestión das mesmas <ref>Cox, Michael; Nelson, David R.; Lehninger, Albert L (2008). Lehninger principles of biochemistry. San Francisco: W.H. Freeman. Páxinas 96, 675. ISBN 0-7167-7108-X.</ref>, que se completará no [[duodeno]].
As células principais funcionan en conxunción coas [[célula parietal|células parietais]], que liberan o [[ácido clorhídrico]] gástrico, que crea un [[pH]] ácido que fai que a estrutura do pepsinóxeno se abra, e este, de forma autocatalítica, escinda un segmento da súa propia molécula, converténdose en pepsina activa.