Diferenzas entre revisións de «Fibrinóxeno»

Utilízase en [[veterinaria]] como un marcador de inflamación. Nos cabalos un nivel por riba do rango normal de 1,0-4,0 g/L suxire algún grao de resposta inflamatoria sistémica.
 
Niveis baixos de fibrinóxeno poden indicar unha activación sistémica do sistema de coagulación, cun consumo de factores de coagulación máis rápido que a súa síntese. Esta condición con excesivo consumo de factores de coagulación coñécese como [[coagulación intravascular diseminada]] (CID ou "DIC"), a cal pode ser difícil de diagnosticar, pero un forte indicio son os niveis de fibrinóxeno baixos, e tempos de coagulación prolongados ([[tempo de protrombina]] ou [[tempo de tromboplastina parcial]]), no contexto de enfermidades agudas críticas como sepse ou traumas. Ademais do nivel de fibrinóxeno baixo, os trastornos na polimerización da [[fibrina]], que poden ser inducidos por varios factores, poden tamén causar problemas graves de hemorraxias. <ref name="Lang"/> Os trastornos na polimerización da fibrina poden detectarse por métodos [[viscoelástico]]s como a trombelastometría. <ref name="Lang"/>
 
==Notas==
190.202

edicións