Diferenzas entre revisións de «Fibrinóxeno»

Utilízase en [[veterinaria]] como un marcador de inflamación. Nos cabalos un nivel por riba do rango normal de 1,0-4,0 g/L suxire algún grao de resposta inflamatoria sistémica.
 
Niveis baixos de fibrinóxeno poden indicar unha activación sistémica do sistema de coagulación, cun consumo de factores de coagulación máis rápido que a súa síntese. Esta condición con excesivo consumo de fctoresfactores de coagulación coñécese como [[coagulación intravascular diseminada]] (CID ou "DIC"), a cal pode ser difícil de diagnosticar, pero un forte indicio son os niveis de fibrinóxeno baixos, tempos de coagulación prolongados ([[tempo de protrombina]] ou [[tempo de tromboplastina parcial]]), no contexto de enfermidades agudas críticas como sepse ou traumas. Ademais do nivel de fibrinóxeno baixo, os trastornos na polimerización da fibrina que poden ser inducidos por varios factores poden tamén causar problemas graves de hemorraxias. <ref name="Lang"/> Os trastornos na polimerización da fibrina poden detectarse por métodos [[viscoelástico]]s como a trombelastometría. <ref name="Lang"/>
 
==Notas==
185.190

edicións