Diferenzas entre revisións de «Fibrinóxeno»

 
== Uso para o diagnóstico ==
Os niveis de fibrinóxeno poden medirse no sangue venoso. Os niveis normais son de 1,5-3 g/L, dependendo do método usado. En circunstancias normais, o fibrinóxeno mídese en mostras de plasma citratado no laboratorio; porén, é tamén posible a análise de mostras de sangue completo para o seu uso en trombelastometría (a función das plaquetas é inhibida con [[citocalasina D]]).<ref name="Lang"/> Os niveis elevados están asociados, entre outras cousas cona [[enfermidade cardiovascular|enfermidades cardiovasculares]] (>3,43 g/L). Poden estar elevados en calquera forma de [[inflamación]]; por exemplo, é especialmente evidente no tecido xinxival humano en casos de [[periodontite]] en fase inicial. <ref name="P&S">{{cite journal | author = Page RC, Schroeder HE | title = Pathogenesis of inflammatory periodontal disease. A summary of current work | journal = Lab. Invest. | volume = 34 | issue = 3 | pages = 235–49 | year = 1976 | month = March | pmid = 765622 | doi = | url = | issn = }}</ref> Os niveis de fibrinóxeno increméntanse no [[embarazo]] a unha media de 4,5 g/L, comparados coa media de 3 g/L das persoas que non están preñadas. <ref>[http://books.google.com/books?id=NCOuIwhaWNUC&pg=PA5 Page 5] in:
Title: Medical and Surgical Diagnostic Disorders in Pregnancy.
Author: Salvi.
185.327

edicións