Colexiata de San Martín de Elines: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Mix (conversa | contribucións)
m engadir imaxe
Mix (conversa | contribucións)
m ábsida
Liña 1:
[[Image:Smelines.jpg|thumb|250px|Colexiata de San Martín de Elines]]
A '''Colexiata de San Martín de Elines''' está situada a 1 quilómetro do centro do caserío de [[San Martín de Elines]] no concello de [[Valderrible]] en [[Cantabria]]. Construíuse sobre un mosteiro da época visigoda do cal quedan algúns restos no muro norte do claustro. A construción da colexiata está en torno ao [[1060]] no reinado de Fernando I, de estilo [[arte románica|románico]] a igrexa ten 30 metros de lonxitude, excluído o claustro, é esbelta, con [[ábsideábsida]] semicircular, con restos de pinturas románicas, con dúas arquerías superpostas e unha [[cúpula]] central con tellado a catro augas sostida por catro columnas anexas ao muro de cruceiro. Ten unha soa nave, rectangular e sen bóveda, ten anexa unha torre cilíndrica que lle serve de campanario. A porta orixinal, que estaba no lateral sur, foi tapiada na [[Idade Media]] polo que hai que acceder desde o claustro, de planta irregular e con xardín central.
 
Os motivos das pinturas románicas eran Cristo partindo o pan e a representación dun apóstolo. Unha característica notable da colexiata é que conta con arredor dun cento de [[canzorro]]s de temática fundamentalmente relixiosa de notable factura aínda que en desigual estado de conservación.