Traquea (vertebrados): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
MerlIwBot (conversa | contribucións)
Servando2 (conversa | contribucións)
Liña 7:
A traquea humana é un órgano tubular que ten de 10 a 16 cm de lonxitude e uns 25 mm de diámetro interno. Comeza no bordo inferior da cartilaxe [[cricoide]] da [[larinxe]] a nivel da sexta vértebra cervical, descende por diante do [[esófago]], que a separa da [[columna vertebral]], e remata bifurcándose nos dous bronquios principais a nivel da 5ª vértebra torácica, pero os movementos respiratorios poden facela subir ou baixar ata dúas vértebras. Na zona do pescozo está cuberta por parte da fascia cervical profunda, polos músculos [[esternohioideo]] e [[esternotiroideo]] e a [[tiroide]]. Na súa zona final onde se empezan a bifurcar os bronquios, a traquea contacta co caxato da [[aorta]] <ref>G. J. Romanes. Cunninham Tratado de Anatomía. Interamericana-Mc Graw Hill. 12ª edición. Páxinas 538-539. ISBN 84-7605-359-2.</ref>.
 
A traquea está reforzada por de 15 a 20 aneis cartilaxinosos duros, que impiden o seu colapso. Estes aneis son incompletos, xa que teñen forma de C, coa parte incompleta na zona posterior, o que facilita o paso do alimento polo esófago, e presenta unha parede membranosa dorsal (''pars membranacea'') sen cartilaxe. O músculo traqueal conecta os estremosextremos dos aneis incompletos e contráese ao [[tusir]], reducindo o diámetro do tubo e incrementando o grao de fluxo de aire. Na súa parte máis interna está tapizada por un epitelio ciliado cuberto de moco, que elimina as partículas estrañas de pequeno tamaño que son inhaladas. A [[epígloteepiglote]] tapa a [[larinxe]] ao tragar para que non entre alimento ou bebida na traquea.
 
===Histoloxía===
A parte interna da traquea está revestida por un epitelio ciliado cilíndrico pseudoestratificado. ÉsteEste epitelio contén células ciliadas cun borde de microvilli do que sobresaen os [[cilio]]s. Entre elas hai [[célula caliciforme|células caliciformes]] produtoras de micíxeno. Entre as bases das células cilíndricas hai células basais piramidais.<ref>D. W. Fawcett. Tratado de Histología. Editorial Interamericana-Mc. Graw Hill. 11ª edición. Páxinas 741-742. ISBN 84-7605-361-4 </ref>
 
Debaixo do epitelio ciliado hai un tecido conxuntivo laxo moi rico en fibras elásticas, que contén moitas glándulas submucosas, formadas por [[acino]]s e túbulos que se abren na superficie do epitelio e producen unha secreción mucosa e serosa [[glicoproteína|glicoproteica]]. A lámina de moco que se forma sobre o epitelio ten función protectora, xa que o po e outras partículas inhaladas quedan pegadas a el, e despois é arrastrado polos cilios ata a farinxe, onde será tragado.
 
Na parte externa están os aneis cartilaxinosos incompletos de cartilaxe hialina. Están separados uns doutrrosdoutros por tecido conxuntivo fibroelástico. Na zona posterior onde os aneis son incompletos hai músculo liso. Por último, por fóra dos aneis cartilaxinosos hai unha capa de tecido conxuntivo denso con moitas fibras elásticas.
 
==Patoloxías da traquea==