Turba: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
atención, ai que revisar o texto
Sen resumo de edición
Liña 3:
[[Ficheiro:Peat stacks and cutting.JPG|thumb|Pías e cortes de turba en Westhay, Somerset, Inglaterra]]
 
A '''turba''' é un material orgánico esponxoso de orixe vexetal (acumulación parcial de [[vexetación]] descomposta) rico en carbono e de cor parda escura, que se atopa en capas, xeralmente en rexións pantanosas, brañas, e tamén nas montañas (turba de altitude). Unha das compoñentes máis común é o [[Brión (botánica)|brión]] ''[[Sphagnum]]'', aínda que atopamos moitas outras especies. O solos con grandes cantidades de turba chámanse [[Histosol|histosois]]. A turba fórmase en solos con condicións moi húmidas, onde as charqueiras impiden que fluxos de osíxeno da [[atmosfera]] atravesen o chan e entren no solo, reducindo o grao de descomposición da [[materia orgánica]].<ref>Keddy, P.A. 2010. Wetland Ecology: Principles and Conservation (2nd edition). Cambridge University Press, Cambridge, UK. 497 p. Chapter 1.</ref>
 
As [[turbeiras]] son a fonte máis importante de turba,<ref>Gorham, E. (1957). The development of peatlands. Quarterly Review of Biology, 32, 145–66.</ref> mais, en menor medida, outros ecosistemas húmidos tamén poden conter depósitos de turba, incluíndo: [[braña]]s ou lameiros, [[fens]], [[pocosín]]s ou bosques húmidos turbeiros.