Historia de Pontevedra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
+ imaxes
Xas (conversa | contribucións)
Liña 102:
O cambio produciuse na década dos 60, que se caracteriza por un desenvolvemento sostido que empeza a manifestarse máis claramente a principios dos 70, coincidindo coa morte de Franco en [[1975]] e coa [[transición]] democrática española. Nestes anos prodúcese un auxe extraordinario da construción que chega a converterse, ata o día de hoxe, nun dos grandes motores da economía pontevedresa.
 
Nos últimos tempos véuselle recoñecendo o seu labor en diversos campos a moitos persoeiros do ámbito galego. Así, no ano [[1999]], o Concello de Pontevedra rendeu por vez primeira unha homenaxe institucional a Alexandre Bóveda, asasinado o [[17 de agosto]] de 1936, e a outras figuras importantes na historia política de Pontevedra que foron fusiladas o [[12 de novembro]] dese mesmo ano por defender a Galiza, a liberdade e a xustiza social: o comandante [[Ramiro Paz Carbajal|Ramiro Paz]], o mestre [[Germán Adrio Mañá|Xermán Adrio]], o avogado e ex gobernador civil [[José Adrio Barreiro|Xosé Adrio]], os médicos [[Amancio Caamaño]], [[Luís Poza]] e [[Telmo Bernárdez]], o capitán de asalto [[Xoán Rico]], o profesor de instituto [[Paulo Novás]], o industrial [[Benigno Rei]] e o escritor [[Vítor Casas]].
 
==Véxase tamén==