Conquista española do Imperio Inca: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Acerto (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Acerto (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 7:
 
O propio Pizarro vai a España para perdirlle permiso ao rei para conquistar a terra inca, o [[26 de xuño]] de [[1529]] asínanse as capitulacións nomeando a Pizarro gobernador, a Almagro alcalde de Tumbez e a Luque bispo coa obriga de prepararen unha expedición, Pizarro pasa por [[Estremadura]] para reclutar xente antes de embarcarse para América e xa a comezos de [[1531]] sae a expedición, tres barcos e 180 homes. A expedición foi devagar ata chegar a Tumbez, onde desembarcaron para continuar por terra e o [[15 de novembro]] de [[1532]] entran en [[Cajamarca]], ao día seguinte, [[16 de novembro]], cando o inca [[Atahuallpa]] sae do seu campamento para esixir os casteláns que saian da cidade, Pizarro fai prisioneiro a [[Atahuallpa]], este ofreceulles aos seus captores encher a súa cela de ouro se o liberaban, os españois percorreron o imperio recollendo o ouro e o [[11 de marzo]] de [[1533]] apresaron a [[Chalcuchima]], xeneral inca pero os casteláns tan só dominan Cajamarca, tentando os xenerais libres liberar a praza. O [[24 de xuño]] de 1533 os españois axustizan a Atahuallpa e os nobres elixen en Cajamarca a [[Tupac Huallca]] novo inca. Pizarro e os seus deciden ir cara a capital, [[Cuzco]], levando consigo a Chalcuchima e ao novo inca que morre polo camiño mentres Chalcuchima foi queimado por tentar levantar os seus homes, os españois nomean como novo inca a Manco, o [[15 de novembro]] de [[1533]] entraban na capital do inca.
 
== Marco histórico ==
Para entendermos a rapidez con que se produciu a conquista hai que ter en conta o estado de descomposición no que se atopaba o Imperio inca pola guerra civil e polo descontento xeral dentro do imperio, o que posibilitou que os españois tiveran como aliados a nobres e señores así como a etnias que tradicionalmente se opuxeran ao expansionismo inca.
 
== Mudanzas sociais, económicas e políticas ==
Coa conquista dos españois do Imperio produciuse un proceso de cambio rápido xurdindo dunha sociedade nova, foi un choque de culturas cunha imposición dunha relixión e dun sistema foráneo de relacións que aproveitaba a estrutura anterior, aínda que alterada.
Para os españois supuxo o control dun inmenso imperio composto de amplos espazos difíciles de controlar e ricos con tal de asegurar a man de obra, ben organizado politicamente e gobernado cun sistema tan complexo e eficaz como o europeo.
 
O sistema inca estaba baseado na autosuficiencia fundado na reciprocidade complementado polo troco pero a conquista española supuxo o paso a un sistema mercantilista de orde supracontinental, orientado segundo a demanda exterior que tamén xerou unha industria mineira baseada na explotación da man de obra indíxena.
 
Estes cambios bruscos provocaron un brutal descenso demográfico axudado polas guerras e as epidemias.
 
A estrutura política colonial estaba baseada na figura do [[vicerrei]] e con el reorganizouse o imperio con institucións de corte europeo nun modelo centralizado, obrigouse á sedentarización da poboación indíxena por medio de reducións e implantouse unha taxa ao estilo europeo, coa obriga de tributar en metálico, asegurando ao encomendeiro a man de obra, xa que a terra aínda que tras a conquista pasou ao rei, no mundo inca era comunal, este a concedeu en encomenda como premio a servizos prestados e aínda que unha parte da terra restableceuse posteriormente ás reducións foron frecuentes as usurpacións por particulares que se legalizaban mediante as composicións coa administración mediante o pago dunha cantidade estipulada.
 
[[en: Spanish conquest of the Inca Empire]]
[[es: Conquista del Imperio Inca]]