Lignina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 47:
A biodegradación da lignina orixinaría a destrución da madeira, especialmente nas construcións de madeira, pero non é doada. Porén, a biodegradación da lignina é un prerrequisito para o procesamenteo de [[biofuel]] a partir de materia prima vexetal. Os modos actuais de procesamento orixinan algúns residuos problemáticos despois de procesar os contidos dixeribles ou degradables. A mellora dos modos de degradación da lignina faría que a produción fose máis eficiente.
 
A lignina é indixerible polos encimas animais, pero algúns [[Fungo (bioloxía)|fungo]]s (como o ''Polyporus squamosus'') e [[bacteria]]s poden secretar [[ligninase]]s (tamén chamadas ''lignases'') que poden degradar o polímero. Os detalles da biodegradación non se coñecen. A vía utilizada depende do tipo de pudrición da madeira realizada polos fungos. Os encimas implicados poden empregar radicais libres para as reaccións de despolimerización. <ref>{{cita libro|autor= Michael J. Carlile, Sarah C. Watkinson|título= The Fungi|editor= [[Academic Press]]|ano= 1994|isbn= 0-12-159959-0}}</ref> Encimas lignolíticos ben coñecidos son a manganeso peroxidase, lignina peroxidase e celobiosa deshidroxenase. Ademais, debido aos seus enlaces cruzados cos outros compoñentes da parede celular, a lignina minimiza a accesibilidade da celulosa e hemicelulosa aos encimas microbianos. Por tanto, en xeral a lignina está asociada coa redución da dixestibilidade do conxunto da biomasa vexetal, o cal axuda a defender as plantas contra [[patóxeno]]s e [[praga (agricultura)|praga]]s.<ref name=sarkanen/>
 
A degradación da lignina fana fungos e bacterias. A [[lignina peroxidase]] (ou "[[ligninase]]", con [[número EC]] 1.14.99) é unha [[hemoproteína]] do fungo ''[[Phanerochaete chrysosporium]] '' que presenta varias reaccións de degradación da lignina, todas dependentes do [[peróxido de hidróxeno]] para poder incorporar osíxeno molecular nos produtos de reacción. Hai tamén outros encimas microbianos que se cre están envolvidos na biodegradación da lignina, como a manganeso peroxidase, laccase, e celobiosa deshidroxenase.