Giardia intestinalis: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 22:
 
==Microscopía e metabolismo==
É un microorganismo de 15-20 [[micron|μm]] de lonxitude, que se pode presentar en forma de trofozoíto ou de quiste. O trofozoíto é a forma vexetativa que se alimenta e reproduce e provoca os síntomas da [[xiardíase]]. O quiste é a forma de resistencia e transmisión.
Con [[microscopio]] óptico, o trofozoíto de ''Giardia'' semella unha "cara de pallaso", con dous núcleos esbozados por discos adhesivos que teñen o aspecto de "ollos", situados sobre corpos mediosmediais escuros que parecen unha "boca". Os quistes que forma ''Giardia'' son ovais, teñen catro núcleos e presentan [[axostilo]]s claramente visibles.
 
O trofozoíto é piriforme e con simetría bilateral. Posúe oito [[flaxelo]]s, 2 anteriores, 2 posteriores, 2 ventrais e 2 caudais, que lle dan mobilidade. Na cara ventral presenta unha estrutura con forma de disco bilobulado, que lle serve para fixarse á superficie do epitelio intestinal. Na cara dorsal encima do disco bilobulado hai dous núcleos ovalados con grandes cariosomas (agrupacións de cromatina no núcleo) e falta de [[cromatina]] periférica, dándolle aos seus dous núcleos unha aparencia de halo. Ao longo da superficie ventral existen uns elementos chamados corpos mediais. Reprodución por división binaria lonxitudinal moi rápida. Alimentación por [[fagocitose]] e [[pinocitose]] do contido intestinal a través da superficie dorsal.
Características distintivas dos trofozoítos son grandes cariosomas (agrupacións de cromatina no núcleo) e falta de [[cromatina]] periférica, dándolle aos seus dous núcleos unha aparencia de halo. Os quistes distínguense por ter un citoplasma retraído. ''Giardia'' é un parasito que carece de [[mitocondria]]s, de aí que teña un metabolismo fermentativo, polo que é un dos poucos eucariotas que carecen dese [[orgánulo]]. Pero, aínda que carecen de mitocondrias, teñen uns orgánulos especiais que son vestixios das mitocondrias, polo que se considera que "''Giardia'' non era primitivamente amitocondrial e que retivo un orgánulo funcional derivado do endosimbionte mitocondrial orixinal" <ref>{{Cite journal|author=Tovar J |title=Mitochondrial remnant organelles of Giardia function in iron-sulphur protein maturation |journal=Nature |volume=426 |issue=6963 |pages=172–6 |year=2003 |pmid=14614504 |doi=10.1038/nature01945|author-separator=,|author2=León-Avila G|author3=Sánchez LB|display-authors=3|last4=Sutak|first4=Robert|last5=Tachezy|first5=Jan|last6=Van Der Giezen|first6=Mark|last7=Hernández|first7=Manuel|last8=Müller|first8=Miklós|last9=Lucocq|first9=John M.}}</ref> Este orgánulo denomínase [[mitosoma]].
 
[[Ficheiro:Giardia cyst.JPG|thumb|Quiste de ''Giardia'' tinguido con [[lugol]].]]
O quiste ten unha lonxitude de 15 μm con forma ovalada. Posúe 4 núcleos que sempre aparecen nun polo da célula. Non ten flaxelos pero si restos dos axonemas flaxelares, e os corpos mediais duplicados. A parede é transparente e moi resistente tanto a factores físicos coma químicos.
 
Características distintivas dos trofozoítos son grandes cariosomas (agrupacións de cromatina no núcleo) e falta de [[cromatina]] periférica, dándolle aos seus dous núcleos unha aparencia de halo. Os quistes distínguense por ter un citoplasma retraído. ''Giardia'' é un parasito que carece de [[mitocondria]]s, de aí que teña un metabolismo fermentativo, polo que é un dos poucos eucariotas que carecen dese [[orgánulo]]. Pero, aínda que carecen de mitocondrias, teñen uns orgánulos especiais que son vestixios das mitocondrias, polo que se considera que "''Giardia'' non era primitivamente amitocondrial e que retivo un orgánulo funcional derivado do endosimbionte mitocondrial orixinal" <ref>{{Cite journal|author=Tovar J |title=Mitochondrial remnant organelles of Giardia function in iron-sulphur protein maturation |journal=Nature |volume=426 |issue=6963 |pages=172–6 |year=2003 |pmid=14614504 |doi=10.1038/nature01945|author-separator=,|author2=León-Avila G|author3=Sánchez LB|display-authors=3|last4=Sutak|first4=Robert|last5=Tachezy|first5=Jan|last6=Van Der Giezen|first6=Mark|last7=Hernández|first7=Manuel|last8=Müller|first8=Miklós|last9=Lucocq|first9=John M.}}</ref> Este orgánulo denomínase [[mitosoma]]. Tampouco teñen [[aparato de Golgi]].
 
''Giardia'' depende da [[glicosa]] como a súa maior fonte de enerxía e degrada [[fermentación|fermentativamente]] a glicosa a [[etanol]], [[acetato]] e [[dióxido de carbono]]. Como carece de mitocondrias non ten [[ciclo do ácido cítrico]], [[fosforilación oxidativa]] e ciclo do [[glutatión]]. <ref>{{Cite web|url=http://microbewiki.kenyon.edu/index.php/Giardia |title=Giardia - MicrobeWiki |publisher=Microbewiki.kenyon.edu |date= |accessdate=2010-07-29}}</ref> Pode utilizar tamén [[arxinina]] como fonte de enerxía. <ref name=pmid9504342>{{Cite journal|author=Brown DM, Upcroft JA, Edwards MR, Upcroft P |title=Anaerobic bacterial metabolism in the ancient eukaryote Giardia duodenalis |journal=International Journal for Parasitology |volume=28 |issue=1 |pages=149–64 |year=1998 |pmid=9504342 |doi=10.1016/S0020-7519(97)00172-0 |url=http://www.mitochondrial.net/showabstract.php?pmid=9504342}}</ref> Posúe rutas bioquímicas peculiares que suxiren que diverxiu doutros [[eucariota]]s nun estadio temperán da [[evolución]].<ref name=pmid9504342/>