Anxiospermas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
MerlIwBot (conversa | contribucións)
m Bot: Engado: diq:Angiosperms
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 103:
=== Lugar de orixe das magnoliófitas ===
 
Aparentemente, segundo o rexistro fósil as magnoliófitas orixináronse a latitudes baixas (preto do Ecuador), nas que xa ficaban ben distribuídas hai uns 130 millóns de anos, e tornaron floristicamente prominentes hai 120 millóns de anos. Despois, hai uns 100 millóns de anos, dispersáronse cara latitudes máis altas. No rexistro fósil de hai 70 millóns de anos, o 60-80 % do pole atopado en baixas latitudes é de magnoliófitas, mentres que só o 30-50 % do pole atopado en altas latitudes é de magnoliófitas, correspondendo o resto do pole atopado a ximnospermas[[ximnosperma]]s e [[pteridófitas]]. Aparentemente esta reticencia das magnoliófitas para dominar a flora nas latitudes máis altas debeuse, en parte, ás limitacións estacionais da luz e humidade que hai a altas latitudes, limitacións que deberon ofrecerlles poucas oportunidades ás especies colonizadoras de magnoliófitas para substituír a antiga vexetación, ben establecida e adaptada, de ximnospermas e pteridófitas (Willis y McElwain 2002). Esta diminución da diversidade co aumento da latitude, probablemente tivera máis que ver coas restricións na bioloxía das magnoliófitas existentes neses intres, que con baixos índices de dispersión (Willis e McElwain 2002). De feito, aínda hoxe a diversidade de especies de magnoliófitas é máis baixa que a de ximnospermas en biomas boreais como o da tundra. Se ben as primitivas magnoliófitas non semellan ter sido especies invasivas nas altas latitudes, ese escenario semella que mudou máis tarde, coa aparición de magnoliófitas máis recentes para as cales as altas latitudes semellan ter ofrecido un escenario óptimo para dominar o ambiente e especiarse despois. Por exemplo, o sur de Gondwana semella ser a orixe do xénero ''Nothofagus'', que xurdiu hai uns 70 millóns de anos e aínda hoxe en día é un compoñente importante da flora do hemisferio sur.
 
=== O enigma da tardía aparición das magnoliófitas: o "abominable misterio" de Darwin ===