Diferenzas entre revisións de «I Capuleti e i Montecchi»

m
→‎Composición: arranxiño
m (→‎Composición: arranxiño)
== Historia ==
=== Composición ===
MuchasMoitas persoas pensan que a ópera está baseada na traxedia de ''[[Romeo e Xulieta]]'' de [[Shakespeare]], mais as diferenzas son moi notables, e os historiadores afirman que só algunhas das súas traxedias chegaran a [[Italia]] na época na que foi escrita e que nin Bellini nin Romani coñecían a obra. Está baseada en fontes italianas orixinais que datan do [[século XVI]], incluíndo unha historia curta de [[Matteo Bandello]], da colección ''Le novelle'' de [[1554]], seguramente a través de Belleforest e Pierre Boaistuau. Romani reescribiu para Bellini o libreto de ''[[Giulietta e Romeo (Vaccai)|Giulietta e Romeo]]'' que fóra escrito orixinalmente para [[Nicola Vaccai|Vaccai]], que bebía da obra ''Giulietta e Romeo'' de [[1818]] por Luigi Scevola, e que tamén musicara E. Torriani. A escena da tumba da ópera de Vaccai ás veces representouse coa ópera de Bellini. O tema era moi popular en Italia: houbo libretos máis antigos de Luzzi para Marescalchi ([[1785]], Venecia), Foppa para Zingarelli ([[1796]], [[Milán]]) e Buonaiuti para P. C. Guglielmi ([[1810]], [[Londres]]). O primeiro libreto en italiano expresamente baseado na obra de Shakespeare foi o de M. M. Marcello, para ''Romeo e Giulietta'' de Marchetti ([[1865]], [[Trieste]]).
 
Estando en Venecia para preparar a estrea local de ''[[Il pirata]]'' con [[Giuditta Grisi]] como [[Imogene]], convenceron a Bellini para que escribira a ópera para a [[Carnaval de Venecia|tempada de carnaval]] de [[1830]] logo de que o [[Gran Teatro La Fenice]] ([[Venecia]]) fóra rexeitado por Giovanni Pacini. Bellini só dispuxo de mes e medio para escribila (comezou o 20 de xaneiro), polo que tanto el como o libretista empregaron material anterior.<ref name=Naxos/> Escribiu o papel de Romeo para Grisi (cuxa presenza, xunto cunha compañía relativamente feble en homes, puido ter convencido para a elección do tema); raramente baixa de "do". Giulietta foi cantada por [[Maria Caradori-Allan]], Tebaldo por [[Lorenzo Bonfigli]] e Lorenzo por [[Ranieri Pocchini Cavalieri]]. Bellini pretendera que o papel de Lorenzo fora para un baixo, mais no acto primeiro da partitura autógrafa traspuxo o papel para tenor, e no acto segundo o papel está escrito enteiro en clave de tenor. Aínda que estes trocos posiblemente se fixeron para Senigallia (verán de 1830), Cavalieri, o cantante da estreno, parce ter sido un tenor. As partituras publicadas e a meirande parte das representacións asignan hoxe o papel a un baixo.
102.737

edicións