Olinda: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
m r2.7.3) (Bot: Engado: th:โอลิงดา |
Sen resumo de edición |
||
Liña 53:
O nome da cidade de '''Olinda''', segundo se cre, derivou da frase ''Ó linda localización para construir unha cidade'', por causa da beleza da paisaxe que se enxerga desde o outeiro onde se fundou no ano [[1535]] por Duarte Coelho Pereira. Foi elevada a vila o 12 de marzo de 1537. Olinda era sé da Capitanía de Pernambuco, pero foi incendiada no século XVII polos holandeses, que mudaron a sé para a cidade do [[Recife, Brasil|Recife]]. Cando os holandeses foron expulsados o [[1654]], voltou a ser capital. O 1837, perdeu o título de capital de [[Pernambuco]] novamente para Recife.
[[Ficheiro:
[[Ficheiro:Vista Aérea do Sítio Histórico de Olinda - Olinda - Pernambuco - Brasil.jpg|miniatura|esquerda|Olinda.]]
Olinda fai parte da Rexión Metropolitana do Recife, e localízase a 7 Km desta. Limita ao norte coa cidade de Paulista, ao sur e oeste co Recife, e a este co [[Océano Atlántico]].
Destacase pola súa beleza natural, e tamén é un dos máis importantes centros culturais e históricos do [[Brasil]], conservando casas e igrexas do período colonial. Foi declarada, en 1982, Patrimonio Histórico e Cultural da Humanidade pola [[UNESCO]].
O seu [[Carnaval]] tamén é coñecido en todo o Brasil e no exterior. Diferente do sur do Brasil onde predomina o [[samba]], os bailes carnavalescos son animados polo ritmo acelerado e a danza do [[frevo]], co seus pasos acrobáticos. Hai tamén o desfile dos [[maracatu]]s, manifestación [[folclore|folclórica]] que mestura elementos [[África|africanos]], indíxenas e europeus na danza, na percusión e nas vestimentas dos participantes.
|