Karl Rahner: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m engado a Categoría:Nados en 1904 mediante HotCat
Xas (conversa | contribucións)
ordeno cat
Liña 9:
 
==Pensamento==
 
===O home===
 
O home está situado ante si mesmo como unha interrogante que sobarda todas as respostas parciais que se poden atopar nas distintas ciencias. A necesidade de facerse cargo de si mesmo é o que o caracteriza como suxeito e non como cousa. É un ser dun horizonte infinito, que transcende. Isto pode provocarlle unha anguria (en linguaxe de [[Kierkegaard]]) que o faga fuxir ao superficial e o cotiá, pero sempre estará en camiño cara novas metas, grandes ou cativas. El é a pregunta que se levanta baleira e que non pode respostarse a si mesma.
 
Liña 17 ⟶ 15:
 
===A Culpa===
 
Dende a perspectiva moral, no home prodúcese unha fenda entre o que é na súa vida cotiá e o deber ser, unha traizón a unha chamada dese horizonte infinito que o coloca ante si como o que frustra a súa auténtica entidade como suxeito pleno. Esta conciencia é o que denominamos [[culpa]] e a situación de base é o [[pecado]].
 
Liña 24 ⟶ 21:
O home necesita dese ofrecemento que o transforme pois experimenta o [[pecado orixinal]]. Este non ha de entenderse como unha transmisión biolóxica dunha culpa allea que se remonta ao primeiro home ou grupo de homes ([[Adán]]), senón como a experiencia radicalmente limitante dunha liberdade codeterminada polas obxectivizacións da culpa ao longo da historia da humanidade. O home, en canto persoa arela a comuñón plena, pero experimenta a separación (o inferno son os outros, dirá [[Jean-Paul Sartre]]). O home en canto suxeito está condenado ao seu [[libre albedrío]], pero experimenta a escravitude do pecado e a morte como culpa.
 
=== Historia como Revelación e Salvación===
 
O Misterio Absoluto que é principio, o sustento e a meta do noso ser, como orixe primixenio da persoa El mesmo é realidade interpersoal ([[Santa Trinidade|Trindade]]). Así, faise comunicable na historia da salvación a través especialmente de [[Israel]] e, dun xeito irrevogable e definitivo, en [[Xesús de Nazareth]]. Aquí a experiencia do home perante o misterio sagrado non é o pavor terrible dun horizonte afastado, senón a intimidade acolledora, o rostro próximo, o Amor que se comunica, o familiar que nos acubilla e que nos da seguridade para unha vida plena, sen límites, sen medos e sen culpa (experiencia de [[perdón dos pecados]]).
 
Liña 35 ⟶ 31:
 
===A Igrexa e o [[Papa]]===
 
Todo isto pode experimentarse na vida da comunidade dos crentes a través da [[tradición]] e a Escritura. Esta acción singular do [[Espírito Santo]], a través da comunidade dos que viven da memoria viva do Xesús Salvador e materializada nos [[Sacramento (relixión)|sacramento]]s é a esencia da Igrexa. A cal non vive para si mesma senón para a dar vida ao mundo marcado pola escravitude da negación do amor e a morte.
 
Liña 44 ⟶ 39:
Rahner, na súa defensa da ortodoxia, non fuxe da crítica sincera. Alerta do perigo do que el chama orgullo clerical, o egoísmo de grupo e do culto á personalidade incompatible co seguimento do Xesús real, ''manso e humilde de corazón''. Critica que a burocracia eclesial mire con ollos torcidos e condenatorios ao presente sen transmitir o entusiasmo do [[Espírito Santo|Espírito]]. Entende que demasiadas veces cáese en receitas baratas de pequenos cregos ou nun adoutrinamento casuístico que nada ten que ver coas situacións concretas, complexas e non racionalizables por completo da vida humana real.
 
=== O crente e o cristián anónimo===
 
O crente non debe ser un obxecto cego e mudo da lei eclesial. O individuo debe examinar os problemas morais ante a súa [[conciencia]], iluminando esta á luz da comunicación de Deus interpretada polo maxisterio da Igrexa. Debe recoñecerse que unha conciencia recta non sempre atopa unha resposta axeitada na aplicación cega dunha lei xeral a un caso concreto na existencia peregrinante do home que, dende a súa fraxilidade, vaise formando como persoa crente. Ás veces hai que lesionar á letra da lei eclesiástica para ser autenticamente fiel ao seu espírito.
 
Neste sentido, o [[evanxeo]] ha de ser boa noticia, experiencia de Deus que libera da culpa e da anguriaangustia vital máis profunda. Se non se empeza por este anuncio do fundamental, non se deben inculcar normas morais que poderían resultar causas de coercións máis radicais e angustias máis profundas.
 
O crente no é un tipo especial de home, senón o home tal como é, aceptado e amado por Deus. Por iso o crente acéptase a si mesmo e a súa vida concreta con todos os absurdos, misterios e contradicións. Por iso supera o medo para aventurarse nos desafíos da súa historia. Un home que vive a liberdade como apertura a todo, sen excepción. De aí nace unha visión positiva dos bens intramundanos, do amor humano, da sexualidade, da alegría, do éxito, do traballo, sen absolutizalos como [[ídolo]]s. Trátase dunha liberdade que descansa na [[esperanza]] de que tamén o negativo, a angustioso, o sombrío e o incomprensible está abranguido polo misterio sagrado do Amor Eterno.
 
Existe tamén unha experiencia de Deus non crente, nunha existencia auténtica onde se intúe unha vivencia orixinaria de Deus, aínda que innominada. A acción redentora de Deus non se limita aos muros dunha institución eclesial aínda que se encontre en plenitude na mesma. Pódese falar, xa que logo, dun cristianismo anónimo segundo a frase de S. [[Agostiño de Hipona]]: ''moitos que semellan estar dentro están fóra, e moitos que semellan estar fóra, están dentro.''. O home que aínda non coñece a Xesús de xeito explícito, ou que o descoñece pola desfiguración dos que se din crentes, pode encontralo no seu irmán e no amor a el. Especialmente nos esfameados, doentes, encarcerados e marxinados. (Mt 25-40).
Liña 56 ⟶ 50:
Este home tamén, dun xeito escuro, é chamado á luz. Unha luz que debera ser máis clara e resplandecente para os que, sendo crentes, saben de xeito positivo que non existe autorrealización sen a entrega radical ao outro. Unha entrega que ten en Deus o espazo e a garantía da posibilidade dese amor. Que non experimenta a morte como o arrebatamento do que nos parecía madurado para unha inmortalidade. Que vive sacramentalmente a inmanencia da eternidade no tempo, de xeito que a eternidade devén dende o tempo e non é un don enviado e engadido de maneira accesorio á temporalidade da propia vida. Que, nas tebras desa vida, sábese envolto na [[graza]] de Deus. Que non pasa contas a Deus, senón que confía a El e súa graza toda conta.
 
{{ORDENAR:Rahner, Karl}}
[[Categoría:Personalidades da teoloxía]]
[[Categoría:Cristianismo]]