Xoán Primicerius: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Liña 33:
==Caída e morte==
 
Mentres tanto, Teodosio II, e [[Pulcheria]], semellan abandonar o seus presumibles desexos de ser o único augustus e é agora cando recoñece tal título postumamente a Constancio III e tamén a Galla Placidia; concede o título de caesar ao fillo de ambos, Valentiniano III, inda un neno e envíaos de Tesalónica cara Salona cun forte continxente militar ao mando de [[Ardabur]] e o seu fillo [[Flavio Ardabur Aspar|Aspar]]. Na comitiva tamén estaba [[Candidiano]], que presumiblemente acompañara a Galla Placidia e Valentiniano no súa fuxida previa cara Constantinopla.
 
Dende Salona as forzas imperiais divídense: un continxente embarca a infantería nunha flota con Ardabur á cabeza e Aspar manda a cabalería por terra percorrendo a ruta de Sirmium e atravesando os Alpes Xulianos chegan ao Adriático, onde se fan coa importante cidade de Aquileia, onde esperan acontecementos.