Lingua leonesa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 29:
 
== Situación actual ==
A situación do leonés como lingua minorizada levou ao leonés preto da extinción, estando considerada como unha lingua en perigo pola [[UNESCO]]. Estanse a facer algúns esforzos para gañar aceptación entre a poboación urbana (O Consello Leonés e outros concellos como [[Zamora, España|Zamora]], [[Coyanza]], [[Mansilla de las Mulas]] ou [[La Bañeza]] fan campañas para o ensino do leonés). Hoxe mantense viva non só no norte da provincia de León e na serra da [[A Cabreira|Cabreira]], tamén é falada pola xente maior do oeste de Zamora<ref>http://mikroglottika.com/2007spring4.html Sánchez, R. (2007): La elaboración y aceptación de una norma lingüística en comunidades dialectalmente divididas: el caso del leonés y del frisio del norte. En: Mikroglottika, Spring 2007</ref>.
 
A pesar das dificultades, o número de xente nova que aprende e o usa (na súa maioría na escrita) rexistrou un incremento nos últimos anos, na súa meirande parte en grupos intelectuais e políticos orgullosos da súa identidade rexional/nacional, como por exemplo a ''Asociación Cultural de la Llingua Llïonesa El Fueyu'' en [[León, España|León]] e Zamora, a ''Asociacion Berciana en Defensa de la Llingua Llïonesa El Toralín'' no [[Bierzo]].
Hai tamén diversas asociacións culturais en León, que traballan para o recoñecemento e dignidade da lingua leonesa, é o caso de [[Furmientu]], [[Facendera pola Llengua]] e [[La Caleya]].
 
Internet xoga un importante papel para a lingua leonesa, difundindo a súa existencia e características e achegando textos escritos na propia lingua.<ref>Pardo, Abel. "El Llïonés y las TICs". Mikroglottika Yearbook 2008. Págs 109-122. Peter Lang. Frankfurt am Main. 2008</ref>
 
==Ensino==
[[Ficheiro:LengZamLe.PNG|miniatura|esquerda|220px|Provincias onde se mantén a lingua leonesa.]]
A Universidade de León outorga o Título de "Monitor de Llingua Llïonesa" (Monitor de Lingua Leonesa), que capacita para o ensino desta lingua, e nalgúns concellos leoneses, zamoranos e salmantinos existen cursos de leonés promovidos por institucións públicas e asociacións culturais. Na provincia de León a lingua leonesa ensínase na cidade de León, La Bañeza, Mansilla de las Mulas e Villablino; e Zamora na capital de provincia.
 
Na actualidade o leonés e materia de ensino extraescolar en 16 colexios da capital.
 
== Medios de comunicación ==
A presenza do leonés nos medios de comunicación é minoritaria, editándose algunhas revistas nesta lingua, e publicándose un semanario (''La Nuestra Tierra'') co 30% dos seus contidos en leonés.
 
== Presenza social ==
En varios concellos da provincia leonesa e de Zamora comeza a empregarse o leonés nalgunhas das súas comunicacións; e organizacións, colectivos e asociacións de distinto tipo, como [[Conceyu Xoven]], ou o Conseyu da Mocedá de de la Ciudá de Llión (Consello Local da Mocidade) utilizan o leonés na súa denominación e actividades. Hai varias asociacións que defenden esta lingua, como [[Furmientu]], [[Facendera pola Llengua]], [[La Caleya]], Faceira, El Teixu, El Fueyu en [[León, España|León]] e [[provincia de Zamora|Zamora]], El Toralín na Comarca do [[O Bierzo|Bierzo]].
 
== Recoñecemento legal ==
Liña 57 ⟶ 50:
 
== Leonés/asturiano/mirandés ==
O leonés, asturiano e mirandés son asos tres linguasnomes glotónimos pertencentes ao dominio lingüístico leonés ou astur-leonés. Para a codificación do asturiano sustentouse a base no dialecto central falado en Asturias, base do asturiano normativo. O leonés, con todo, é unha ''koiné'' dialectal baseada nos dialectos berciano-xabrés e cepedano-maragato-alistano, do que existe unha maior proporción no leonés que se escribe hoxe en día; e do ribeirego-alistano. O mirandés deu maior preponderancia ao propio mirandés que ao sendinés, servindo o primeiro de modelo normativo.
 
'''Sociolingüística'''
Liña 65 ⟶ 58:
=== Exemplo ===
 
Tomouse o artigo 31º, parágrafo 2 da Constitución Española de 1978 en dúasDeclaración ediciónsUniversal endos cadaDereitos lingua.Humanos:
 
'''Versión leonesa''':
''2. las outras llinguas hespañolas serán tamién oficiales nas respeutivas Comunidaes Autónomas d'alcuerdu cunos sous Estatutos.'' (Constitución en leonés publicada polos concellos do alfoz de León).
 
'''Versión asturiana''':
''2. les otres llingües hespañoles sedrán tamién oficiales nes respeutives Comunidaes Autónomes acordies colos sos Estatutos.''
 
''Tódolos seres humanos ñacen llibres y iguales en dignidá y dreitos y, dotaos cumo están de razón y concéncia, han portase fraternalmente los unos pa coños outros.''
== Leonés ==
 
"''La comunidá cultural y llinguística llionesa amuesa un esporpolle curiosu nos cabeiros años. L'emburrie a la creyación, espublización y usu del de la llingua llïonesa al traviés de las TICs, ha cuntare cun un espaciu propiu bien nidiu, cun una marca que nos identifique na comunidá internauta cumu lu que somos, cumu llïoneses. N'esi sen ñaz puntuLLI, un espaciu común pa que tolas asociaciones, coleutivos, istituciones y particulares encalcen la propuesta de creyar un domiñu propiu pa la nuesa cultura y el nuesu idioma: el .LLI''"<ref>[http://www.puntulli.org] Asociación puntuLLI: Top Level Domain for Leonese Language</ref><br />
 
== ''Llengua Llionesa'' e linguas romances ==