Consello Internacional de Museos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
nova
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 23 de agosto de 2012 ás 23:13

O Consello Internacional de Museos (International Council of Museums, ICOM)) é unha organización non gobernamental creada en 1946 para coordina-la actividade de museos e os seus profesionais cara á conservación, mantemento e comunicación do patrimonio cultural, material ou inmaterial, presente e futuro, en todo o mundo.

Ten a sede en París (Francia) e está formada por representantes de máis de 140 países. O Comité Español é o cuarto en número de membros afiliados e conta con representantes das 17 Comunidades Autónomas.

As actividades do ICOM céntranse nos seguintes temas:

  • Cooperación e intercambio profesional
  • Divulgación dos conceptos básicos sobre o mundo dos museos e a atención ó público
  • Profesionalización do persoal
  • Preservación do patrimonio e loita contra o tráfico ilícito dos bens culturais

Véxase tamén