Marguerite Yourcenar: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m engado a Categoría:Nados en 1903 mediante HotCat
Liña 19:
Traduciu ao francés ''As ondas'' de [[Virginia Woolf]], en [[1937]], ''O que Maisie sabía'', de [[Henry James]], en [[1947]] e a [[Yukio Mishima]].
 
En [[1951]] publica en Francia a novela ''Memorias de Hadrián'', na que estivo traballando durante unha década. A novela tivo un éxito inmediato e unha grande acollida por parte da crítica. Nela Yourcenar recrea a vida e morte dunha das figuras máis importantes do mundo antigo, o emperador romano [[Hadriano (emperador)|Hadrián]]. A obra está escrita a modo de longa carta do emperador a [[Marco Aurelio]], ao seu sucesor e fillo adoptivo. Hadrián explica o seu pasado, describindo os seus trunfos, o seu amor por [[Antínoo]] e a súa filosofía. ''Memorias de Hadrián'' foi unha novela pioneira, que tivo moita influencia na novelística histórica posterior, convertíndoseconverténdose nunha obra mestra moderna.
 
Foi a primeira muller elixida membro da [[Academia francesa]] en [[1980]], aínda que dende [[1970]] xa pertencía á Academia belga. Unha das máis respectadas escritoras en lingua francesa, tras o éxito de ''Memorias de Hadrián'', seguiu publicando novela, ensaio, poesía e tres volumes de memorias.