Cromátide: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 2:
Chamamos '''cromátida''' ou '''cromátide''' a cada unha das dúas copias idénticas que constitúen un [[cromosoma]] duplicado, que se manteñen unidas polo [[centrómero]], e que se separan durante a [[división celular]] (anafase da [[mitose]] e anafase II da [[meiose]]). Reciben o nome de cromátidas mentres están unidas polos seus centrómeros, pero cando se separan na anafase cada unha xa se considera cromosoma. Noutras palabras, unha cromátida é "unha metade dun cromosoma replicado".<ref>[http://biology.about.com/library/glossary/bldefchromatid.htm Chromatid - A Cell Biology Definition]</ref>
 
As dúas cromátidas dun mesmo cromosoma duplicado reciben o nome de '''cromátidas irmás'''. As cromátidas irmás son idénticas entre si (con iguais [[xene]]s e [[alelo]]s), xa que son resultado dunha [[replicación do ADN]]. Non obstante, na meiose as cromátidas dun cromosoma realizan o [[sobrecruzamento]] (intercambio de segmentos) coas cromátidas do [[cromosoma homólogo]], o que ten como resultado a [[recombinación xenética]] entre elas, e cabe a posibilidade que as cromátidas irmás iniciais acaben tendo alelos distintos.
 
Un cromosoma normal duplicado ten dúas cromátidas, pero os [[cromosoma politénico|cromosomas politénicos]] que se observan nas glándulas salivares de certos insectos teñen moitas copias de cada filamento de ADN.<ref name=Ashburner1970>{{cita publicación