Fucoxantina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Fucoxanthin.svg|miniatura|350px|Estrutura molecular da fucoxantina.]]
 
A '''Fucoxantina''' é unha [[xantofila]] ou [[pigmento]] [[carotenoide]] amarelo, cuxa fórmula é C<sub>42</sub>H<sub>58</sub>O<sub>6</sub>. Atópase como pigmento accesorio nos [[cloroplastos]] das [[algas pardas]] e da maioría dos restantes [[heterokontaheteroconta]]s, dándolles a súa cor castaña ou verde [[oliveira]]. A fucoxantina absorbe a luz principalmente na parte do [[espectro visible]] que vai do azul-verde ao amarelo-verde, tendo un pico arredor dos 510-525 [[nanometro|nm]] e absorbendo significativamente no rango dos 450 a 540 nm.
 
Algúns estudios [[metabolismo|metabólicos]] e [[nutriente|nutricionais]] levados a cabo en ratas e ratos na Universidade de [[Hokkaido]] indican que a fucoxantina promove a queima de [[graxa]] dentro das [[células]] do [[tecido adiposo]], polo incremento da expresión da proteína de desacoplamento [[UCP1| UCP1 ou termoxenina]].