David Ricardo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m DEFAULTSORT -> ORDENAR
Servando2 (conversa | contribucións)
Liña 3:
 
==Traxectoria==
Ricardo foi o terceiro de dezasete fillos dunha familia [[sefardí]] xudía (de [[Portugal]]) que emigrou dos [[Países Baixos]] a [[Inglaterra]] antes do seu nacemento. Cando cumpriu catorce anos, Ricardo seguiu os pasos do seu pai o traballar no London Stock Exchange, onde aprendeu o básico sobre finanzas. Este comezo axudouno no seu futuro éxito no mercado de valores e bens inmobles. Tivo unha formación científica deficiente e foi, coma seu pai, axente de bolsa. A lectura das obras de [[Adam Smith]] impulsou, dende [[1799]], a dedicar a meirande parte do seu tempo na Banca de Londres, converteuse en terratenente. En [[1819]] foi elixido membro do Parlamento por [[Portarlington]]; retivo o cargo ata súa morte, aínda que nunca visitou [[Irlanda]]. O seu retiro dos negocios permitiulle dedicarse a traballos intelectuais dende moi novo.
 
A súa obra máis importante, ''On the Principles of Political Economy and Taxation'' (Principios de economía política e tributación, [[1817]]), constitúe a exposición máis madura e precisa da economía clásica; no prefacio afirma que "o principal problema da economía política é determinar as leis que regulan a distribución". Con esa finalidade desenvolveu unha teoría do valor e unha teoría da distribución. Escribiu tamén un grande número de ensaios, cartas e notas que conteñen achegas de grande importancia. Porén, os seus escritos resultan tan condensados e complexos que moitos lectores atopan mellor expostas as súas ideas nos traballos de [[J. B. Say]], [[Malthus]] e [[McCulloch]].
 
Este economista, cuxa labor é particularmente importante polo lugar destacado onde colocou o problema do valor, especialmente o pór de manifesto con claridade que os problemas da distribución dependen da '''teoría do valor'''.