Transdución xenética: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 27:
 
===Transdución especializada===
Na ''transdución especializada'' o virus transfire dunha bacteria a outra xenes que están próximos á zona onde se inseriu o xenoma vírico durante un ciclo lisoxénico dunhana bacteriaprimeira a outrabacteria. Os xenes que se transfiren dependen da zona onde se inseriu o fago. Cando o fago abandona o ciclo lisoxénico e pasa ao ciclo lítico, ten que separar o seu ADN do cromosoma onde se inseriu, pero poden producirse erros e non se corta exactamente polos límites do ADN viral senón que se corta algo máis alá e leva tamén xenes bacterianos adxacentes, que serán empaquetados na cápside vírica xunto co [[xenoma]] vírico.
 
A transdución especializada ten tres posibles resultados:
Liña 33:
# O ADN pode ser absorbido, destruído e reciclado.
# O ADN bacteriano pode coincidir con secuencias homólogas do ADN do receptor e producirse unha recombinación e intercambio co ADN receptor, que incorpora así o novo ADN con xenes procedentes da primeira bacteria.
# O ADN pode inserirse no cromosoma da célula receptora para iniciar un ciclo líticolisoxénico e como resultado a bacteria pode ter dobre copia de certos xenes (os propios e os da primeira bacteria). O profago inserido parcialmente codificado denomínase ''heteroxenote''.
 
[[Esther Lederberg]], [[Larry Morse]], [[Herman Kalckar]], [[Michael Yarmolinsky]], e [[Yukinori Hirota]] fixeron estudos detallados sobre a [[galactosemia]] nos que usaron a transdución especial para facer mapas xenéticos. Ao mesmo tempo, Esther Lederberg, [[Julius Adler]] e [[Enrico Calef]] realizaron estudos similares sobre a [[maltofilia]]. <refname=esther/>