Abrir o menú principal

Cambios

m
sen resumo de edición
: «A carón dos [[hermunduros]], viven os [[naristos]] e, a continuación destes, os marcomanos e os cuados. A gloria e o poderío dos marcomanos constitúen a súa superioridade, así como os eu territorio, que adquiriron pola súa bravura ao expulsaren hai tempo aos [[boios]]. Os naristos e os cuados non se mostran indignos. Forman de certo xeito a fronte da Xermania de lado a lado sobre toda a ribeira do [[Danubio]].»
 
Rapidamente, convertéronse ao que semella en aliados recalcitrantes de [[Roma]]. Así, na época de [[Augusto]], o futuro rei dos [[marcomanos]], [[Maroboduo]], estivera como refén en na súa xuventude. Do rei dos cuados citado por Tácito, [[Tuder]], ignórase todo. En todo caso, mantiñan unha «alianza» difícil con Roma baixo [[Domiciano]], sobre o [[80]]. Refusaron fornecer a este emperador tropas auxiliares contra os [[dacios]]. Por esta época (a data é insegura), destruíron unha [[lexión romana]]. Igualmente fixeron fronte ás tropas do Emperador nunha campaña que qsese revelou desastrosa para Roma, enno [[89]].
 
No [[século II]], os cuados expulsaron aos dacios que, establecidos ao sur da actual [[Eslovaquia]], foran sometidos por Roma a finais do século anterior. Os cuados exerceron daquela unha presión constante sobre o ''limes'' [[Danubio|danubiano]] cos seus veciños do sur (a saber, outro pobo xermánico establecido no baixo Danubio, os [[marcomanos]]).
23.050

edicións