Ángel Amor Ruibal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m DEFAULTSORT -> ORDENAR
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Liña 4:
 
==Traxectoria==
A pesar dos seus éxitos posteriores, non comezou os estudos con bo pé: suspenso no acceso ó Seminario en xuño e setembro de [[1879]] e na convocatoria extraordinaria de setembro de [[1880]], probablemente non se deban en realidade á ignorancia, senón ó desacordo co ambiente intelectual romano e ós ataques contra o cardeal Billot, paladín da restauración escolástica. Iso si, máis logo comezan os "benemeritus" (notables) entre [[1880]] e [[1882]] e sobe ós "meritissimus" a partir de entón (agás o derradeiro suspenso en [[Dereito romano]] en [[1886]]). Os seus estudos comezaron en [[Herbón, Padrón|Herbón]] (tres cursos de [[1880]] a [[1884]]) e só logo foi ó Seminario central de Santiago: alí permanece ata completar [[Teoloxía]], [[Filosofía]] e [[CanonDereito canónico|Cánones]]s, ben complementado con humanidades e ciencias. O exame de grao para o título de Doutor en Teoloxía tivo por tema "Deus é inmenso e eterno" e realizouno en latín con citas hebreas e gregas. Á parte do currículo oficial sempre cultivou a investigación filolóxica.
 
Foi decisivo para el o terceiro premio obtido na Altorientalische Geschellschaft en [[1893]] sendo aínda seminarista, cunha ''Memoria sobre as orixes e formas do caldeo''. O propio [[Ramón Cabanillas]] foi quen pasou a limpo o texto latino, cuxa existencia foi por fin confirmada no ano [[2004]] grazas ó libro de [[Lemos Montanet]]. A correspondencia habitual entre Amor Ruibal e [[Leipzig]] ou [[Friburgo]] de libros tanto mercados coma en empréstito confirma a atención e prestixio que se intercambiaban co estranxeiro: Amor Ruibal recibiu a encarga da tradución e adaptación española do ''Kirchliches Handlexikon''. Máis tarde manifestou o seu desgusto contra o escrito que os seus amigos e inspiradores alemáns ([[Herder]]) asinaron contra [[1914]], o ''Manifesto dos intelecutuais alemáns en apoio ó Káiser''.