Música clásica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.7.2+) (Bot: Modifico: an:Musica clasica
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Liña 33:
O clasicismo musical pode definirse como un intento por crear unha música formal e estrita nas proporcións e moderada na expresión. Os compositores deste período, querendo apartarse de todo subxectivismo, trataron de crear unha orde perfecta e disciplinado baseado na beleza pura, a razón e a estrutura.
 
No que respecta á [[harmonía]] non houbo trocos substanciais, xa que as principais regras harmónicas viñan dadas xa dende o Barroco. Sen embargo, foi na textura onde atopamos máis diferenzas respecto do período anterior, empregándose un estilo máis puro e equilibrado que se traduciu nunha menor complexidade; pasando do uso do [[baixo continuo]] e de formas imitativas como a [[fuga]] e o [[Canon (música)|canon]] do Barroco a unha textura de melodía acompañada e en ocasións homofonía ou polifonía vertical, mais sen esquecer de todo o contrapunto (especialmente ao final). O elemento máis característico da textura da música clásica foi o xurdimento do [[baixo Alberti]] (unha forma de acompañamento na que se van despregando os acordes).
[[Ficheiro:Mozart k545 opening.png|500px|miniatura|centro|Exemplo de baixo Alberti na [[Sonata para piano K.545]] de [[Mozart]]]]