Diferenzas entre revisións de «Anélidos»

m
sen resumo de edición
m
Dado que son animais de corpo brando, o seu rexistro [[fósil]] é moi escaso. Estes poucos fósiles pódense adscribir a grupos de poliquetos actuais e situarían a súa orixe no [[Precámbrico]] (hai uns 600 millóns de anos) e que a grande radiación dos poliquetos sucedeu a mediados do [[Cámbrico]].
 
Actualmente considérase que existen dúas grandes liñas evolutivas no [[filo]] Annelida: [[Polychaeta]] e [[Clitellata]]. A [[Clase (bioloxía)|clase]] [[Clitellata]] (Clitelados) inclúe os [[Oligochaeta]], [[Hirudinea]], [[Branchiobdellida]] e [[Acanthobdellida]].
A liña evolutiva dos poliquetos está marcada polo carácter de organismos [[dioico]]s, con moitos pares de [[gónada]]s simples, [[fecundación]] externa e desenvolvemento indirecto, mentres que a liña evolutiva dos clitelados ([[Clitellata]]) abranguen anélidos [[monoico]]s ([[hermafrodita]]s), cun número de [[gónada]]s restrinxido, con presenza de [[clitelo]] e con desenvolvemento directo. Dentro desta liña a condición octogonadal é considerada como primaria: dous pares de [[testículo]]s e dous pares de [[ovario]]s en segmentos (4) consecutivos.
 
19.713

edicións