República de Xénova: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
m →‎Historia: Trípoli, Libia
Liña 38:
Pisa e Genova daquela non comerciaban con lugares afastados, e ansiaban o control da illas de [[Córsega]] e [[Sardeña]], en poder dos musulmáns. Aínda que rivais, as dúas cidades aliáronse en [[1016]] para atacar as illas, o que propiciou unha expansión rápida do comercio de ambas as dúas cidades. A alianza con Pisa repetiuse en [[1087]], cando tomaron e saquearon [[Mahdya]], apoderándose dun abundante botín.
 
A comezos do século XII Pisa era a primeira potencia económica e comercial do Mediterráneo Occidental, pero Genova culminou con éxito unha serie de empresas coas que pasou a desbancar ao seu rival. Así, durante a primeira década do século logrou mediante triunfantes expedicións barrios nas cidades de [[Tortosa]], [[Acre, Israel|Acre]], [[Gibelot]], [[Trípoli, Libia|Trípoli]], [[Sidón]], [[Beirut]] e [[Mamistra]]. Posteriormente fixo incursións a [[Bugía]] (1136), [[Almería]] (1146) e Tortosa en 1148. En 1155 consigue un barrio en [[Constantinopla]], onde xa se estableceran os mercaderes de Venecia e Pisa.
 
Durante a idade moderna a institución dos [[dogo de Genova|dogos]] mantívose con algunhas reformas. En [[1797]] [[Napoleón Bonaparte]] conquistou case todo o territorio [[Liguria|ligur]], implantando a [[República Ligur]] e facendo que pasase a depender do [[Francia|Imperio Francés]] desde [[1805]].