Uréter: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 5:
En [[anatomía]] humana, os '''uréteres''' son os tubos que conducen a [[urina]] desde os [[ril]]es á [[vexiga urinaria]]. Teñen moitas fibras de [[músculo liso]], que axudan a mover a urina con movementos peristálticos, e unha lonxitude no adulto duns 30 cm e ~3-4 mm de diámetro.
 
Nos humanos os uréteres nacen na pelve renal na zona medial de cada ril e descenden cara aá vexiga apoiándose no músculo [[psoas maior]]. A primeira porción é abdominal e cando chega preto da bifurcación das arterias ilíacas, que cruza pola parte anterior, e pasa á rexión da pelve menor. Os uréteres discorren posteroinferiormente polas paredes laterais da pelve e cúrvanse cara a adiante para entrar moi oblicuamente na vexiga pola súa parte posterior, na unión vesicouretérica, seguindo a parede da vexiga durante uns 2 cm. O fluído retrógrado da urina impídese pola existencia dunhas válvulas chamadas válvulas ureterovesicais. A luz do uréter non é uniforme; é máis estreita preto da pelve renal, na zona onde cruzsa as arterias ilíacas e na entrada da vexiga, zonas onde se poden aloxar cálculos renais.
 
Nas mulleres, os uréteres pasan a través do [[mesometrio]] (mesenterio do útero formado polo ligamento uterino) e baixo as arterias uterinas no seu camiño á vexiga urinaria.