Cova de Lascaux: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
ZéroBot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: pnb:لاسکو
Nicole (conversa | contribucións)
m ligazóns
Liña 1:
A '''cova de Lascaux''' é unha das máis importantes grutas ornamentadas [[Paleolítico superior|paleolíticas]] polo número e a calidade estética das súas obras. É denominada ás veces como "a [[Capela Sistina]] da [[arte parietal]]". As [[pintura]]s e as [[Gravado rupestre|gravura]]s que garda non se poden datar con total precisión: a súa antigüidade é estimada arredor de 18.000 e 15.000 anos antes do presente, datación que se apoia nos estudos realizados sobre os obxectos descubertos na caverna, estando asociados ao [[Magdaleniano]] antigo, mais as últimas análises mostran que poderían remontar ao [[Solutreano]], período que o precede.
 
== Xeografía e contexto xeolóxico ==
A gruta está situada no [[Périgord]], no concello (''commune'') de [[Montignac]] ([[Dordoña|Dordogne]]), a uns corenta quilómetros ao suroeste de [[Périgueux]].
 
Ábrese sobre a beira esquerda do [[río Vézère]], nun outeiro calcáreo do [[Cretácico]] superior. Contrariamente a moitas outras cavernas da rexión, a de Lascaux é relativamente «seca». En efecto, unha capa de arxila impermeábel aíllaa de calquera infiltración de auga, impedindo novas formacións de concrecións calcáreas.
Liña 18:
A cova foi clasificada entre os Monumentos históricos de [[Francia]] desde o mesmo ano da súa descuberta, o [[27 de decembro]] de [[1940]].
 
En [[outubro]] de [[1979]] foi incluída no [[Patrimonio da Humanidade na UE|Patrimonio Mundial da UNESCO]], xunto con outros sitios e grutas ornamentadas do val do Vézère.
 
== Descrición da cova ==
Liña 58:
 
== Lascaux II ==
A compañía propietaria de Lascaux lanzouse á realización dunha réplica dunha parte representativa da cova (Divertículo axial e Sala dos Touros). O proxecto foi parcialmente financiado pola venda do orixinal ao Estado en [[1972]]. Parado en [[1980]], foi logo retomado polo departemento da [[Dordogne]].
 
Unha dupla capa en formigón permitiu reproducir de xeito fiel a caverna orixinal. As obras parietais foron logo reproducidas por un equipo dirixido por M. Peytral.