Patricio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
JYBot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: vi:Quý tộc (La Mã cổ đại)
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 1:
Os '''patricios''' conformaban unha clase romana formada inicialmente polo [[pai de familia]] (''Pater familias'') ou ben por fillo de pai de familia vinculado á [[obediencia (actitude)|obediencia]] paterna (os fillos homes non alcanzaban a condición de pai de familia até que o pai morría e se [[independencia|independizaban]], pero se daba por descontado que alcanzarían esta condición). Chamábaselles tamén ''patres''. Estes ''patres'' e os seus descendentes, que compoñen as persoas das trinta [[curias]] primitivas, forman a clase dos patricios, «''patricii''». Eles constitúen unha [[nobreza]] de [[raza]] e eles sós participan do [[goberno]] do [[Estado]] e gozan de todos os [[privilexio]]s do cidadán [[Roma Antiga|romano]].
 
Eran os [[descendente]]s das familias máis antigas da cidade. Constituían a clase [[aristocracia|aristocrática]] e formaban o verdadeiro pobo romano. Eran considerados superiores ao resto dos habitantes, gozaban de todos os [[dereito]]s, posuían terras e estaban chamados a formar parte do exército romano, a [[lexión]].