Lavanco: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
RedBot (conversa | contribucións)
Elisardojm (conversa | contribucións)
pleistoceno>plistoceno
Liña 55:
== Hibridación e sistemática ==
Os lavancos crúzanse frecuentemente con especies relacionadas do xénero ''[[Anas]]'' e mesmo con especies non tan próximas, producindo formas híbridas que son, porén, fértiles. Esta circunstancia, pouco habitual, parece deberse á rápida evolución da especie que tería empezado
no período, relativamente recente, do [[PleistocenoPlistoceno Superior]]. Por suposto as variedades domésticas de parrulos, que derivan do lavanco, poden cruzarse coas aves salvaxes.
[[Ficheiro:Snow crystallization in Akureyri 2005-02-26 15-57-55.jpeg|miniatura|250px|esquerda|Híbrido de parrulo doméstico e lavanco en [[Islandia]]]]
O lavanco é considerado unha especie invasora en [[Nova Celandia]]. Alí, coma noutras partes da súa area de distribución, estanse a ver favorecidos pola urbanización e hibridando cos parentes locais (Rhymer & Simberloff 1996). Esta situación causa preocupación pola conservación das especies próximas ó lavanco coma o [[Pato de Hawai]] (''Anas wyvilliana''), o [[Pato gris de Nova Celandia]], o [[Pato negro americano]] (''Anas rubripes''), o [[Pato de Florida]] (''Anas fulvigula''), o [[Pato de bico amarelo]] (''Anas ondulata'') ou o [[Pato mexicano]] (''Anas diazi''). No caso deste último, discútese a súa independencia como especie, o que incide nas políticas de conservación.