Billy Mills: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 8:
'''William Mervin Mills ou "Billy" Mills''' (nado o [[30 de xuño]] de [[1938]]) é un atleta [[USA|estadounidense]], o único desa nacionalidade que gañou unha [[medalla]] de [[ouro]] olímpica na proba dos 10.000 metros. Nado en Pine Ridge, [[Dakota do Sur]], Billy Mills, é un [[nativo americano]] (da tribo [[sioux]] dos Oglagla Lakota).
 
Orfo á idade de 12 anos, practicaba o boxeo e as carreiras. Finalmente abandonou o boxeo e adicouse a correr. Estudou na [[Universidade de Kansas]] e a continuación ingresou no corpo dos Marines dos Estados Unidos, onde obtivo a cualificación para participar nos [[Xogos Olímpicos de 1964|Xogos Olímpicos de Toquio]] en 1964.
 
O favorito dos 10.000 m era o australiano [[Ron Clarke]] que posuía o record mundial. A dúas voltas do remate da carreira, tres corredores ían en cabeza: o tunesino [[Mohammed Gammoudi]], o favorito [[Ron Clarke]] e Billy Mills. A 300 metros da meta o tunesino colle algúns metros de distancia pero é inmediatamente alcanzado polos seus perseguidores. Neste momento, Billy Mills lanza un ataque e acada a vitoria, quedando segundo Mohammed Gammoudi e terceiro o etíope [[Mamo Wolde]]. [[Ron Clarke]] non puido soportar o ataque e non logrou ningunha medalla. Mills rebaixou en case 50 segundos a súa propia marca e estableceu un novo record Olímpico (28:24.4).