Camión: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Traducido totalmente (sen incluír as listas) de es:Camión
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 21 de agosto de 2012 ás 02:14

Un camión é un vehículo motorizado para o transporte de bens. A diferenza dos coches, que adoitan ter unha construción monocasco, moitos dos camións constrúense arredor dunha estrutura resistente chamada chasis. A maioría están formados por un chasis portante, xeralmente un marco estrutural, unha cabina e unha estrutura para transportar a carga.

Camións aparcados.

Hai camións de moitos tamaños e de todo tipo, dende camións pequenos ata os trens de carretera, pasando polos camións todoterreno de 200 teneladas usados na minería.

Os camións foron especializándose e tomando unha serie de características propias do traballo a realizar. Nunha evolución dunha simple caixa á forma máis adecuada á materia que se transporta; perigosas, líquidas, refrixeradas, en continuo movemeto que impida o fraguado, abertos, pechados, con grúa, etc.

No eixo traseiro acostuman poseer xogos dobres de roda e incluso algúns poseen dobre eixo traseiro.