José Echegaray: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Elvire (conversa | contribucións)
Liña 16:
De ideoloxía [[liberalismo|liberal]], participou na [[Sociedad Libre de Economía Política]]. Trala [[revolución de 1868]] e a entrada de [[Joan Prim i Prats]] en Madrid, [[Manuel Ruiz Zorrilla]], co que participara activamente na fundación do [[Partido Republicano Radical|Partido Radical]], nomeou a Echegaray director xeral de obras públicas. Entrou no goberno en 1869 como ministro de fomento (1869–1870 e 1872), desenvolvendo a Lei de bases de ferrocarrís. En [[1870]] formou parte da comisión que recibiu o rei [[Amadeo I de España|Amadeo de Saboia]] en [[Cartagena, Murcia|Cartagena]]. Entre 1872 e 1873 foi ministro de facenda, regresando ao cargo en 1874 regresou ao goberno da [[Primeira República Española]] como ministro de facenda, época en que se deu ao [[Banco de España]] o carácter de banco estatal co monopolio da emisión de billetes.
 
Trala restauración monárquica mantivo os seus ideais republicanos, pero foi elixido deputado en [[1876]], defendendo no [[Congreso dos Deputados de España|Congreso]] a súa xestión das críticas do bando conservador. En 1880 participou xunto con [[Nicolás Salmerón]] e [[Cristino Martos]] na fundación do [[Partido Republicano Progresista]]. Posteriormente, formou parte do réxime da [[Restauración borbónica en España|Restauración]], formando parte do bando máis esquerdista do [[Partido Liberal Fusionista|Partido Liberal]] de [[Práxedes Mateo Sagasta|Sagasta]]. En [[1905]], reinando [[Afonso XIII]], regresou ao ministerio de facenda. Foi tamén senador vitalicio e presidente do consello de instrución pública.
 
==Obra==