Antonio Maura: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m DEFAULTSORT -> ORDENAR
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Liña 5:
Orixinario dunha familia da pequena burguesía, '''Antonio Maura''', como normalmente é coñecido na historia de España, naceu en 1853 en Palma de Mallorca. Orfo de pai cando só tiña 13 anos, cursou o bacharelato no Instituto de Palma de Mallorca, e en [[1868]] trasladouse a Madrid para cursar estudos de Dereito.
 
Rematada a carreira, exerceu como avogado no bufete de [[Germán Gamazo]], que chegou a ser ministro de Fomento no goberno de Sagasta de [[1883]]. Iniciouse na vida política nas filas do [[Partido Liberal Fusionista|Partido Liberal]] conseguindo a súa primeira acta de deputado por Mallorca en [[1881]] durante o primeiro gabinete liberal da [[Restauración borbónica en España|Restauración]], presidido por [[Sagasta]]. Casou en 1878 con Constancia Gamazo, irmá de Germán Gamazo, da man de quen iría na súa traxectoria política inicial.
 
En [[1886]] ocupa o cargo de vicepresidente do Congreso. Por ese tempo, en consonancia cos liberais escindidos de Gamazo atacará a política librecambista de López Puigcerver, ministro de Facenda do Gabinete Sagasta que acaba por caer en 1890.