19.826
edicións
m (Bot: Engado: ur:ڈبنگ (فلم کی تشکیل)) |
mSem resumo de edição |
||
A '''dobraxe''' é unha técnica audiovisual aplicada a produtos [[cine|cinematográficos]] e [[televisión|televisivos]], consistente en substituí-los diálogos ditos polos actores nun [[idioma]] por outros diálogos idénticos (de aí que sexa precisa unha boa [[tradución]] e un bo "axuste" para a sincronía) noutro idioma. Os [[actor de dobraxe|actores de dobraxe]] tratan de axusta-lo máis posible a súa interpretación á orixinal.
Tamén se utiliza a dobraxe, malia non ser noutro idioma, polos mesmos actores ou outros que interpretasen a peza, para substituír pasaxes do diálogo en que o son gravado é defectuoso, por un deficiente rexistro de [[Voz (fonoloxía)|voz]], en cancións etc., dobrándose a si mesmo ou substituíndo a voz por outra máis axeitada.
Para proporcionar naturalidade ós diálogos dobrados, utilízase unha técnica denominada axuste, que procura manter a lonxitude das frases e facer coincidir determinados fonemas, especialmente os correspondentes ás letras labiais e oclusivas, cos do texto orixinal.
|
edicións