Diferenzas entre revisións de «Baal»

m
m (Bot: Modifico: en:Baalen:Baʿal)
 
==O Baal de Ugarit==
Consonte os textos atopados entre 1928 e 1960, Baal é o deus da [[chuvia]] e do [[trebón]], sen dúbida unha transposición da importancia destes fenómenos para os pobos mediterráneos. E tamén o deus dos ceos e como "Baal dos ceos" (''Baal-shamem'') figurará en numerosos textos posteriores dos diversos semitas occidentais. De xeito que Baal será representado cun [[Raio (descarga eléctrica)|raio]] na man destra. Identificábase tamén con o touro novo, o [[almallo]], símbolo da forza xenesíaca, mentres, El, o deus creador era asimilado ao touro.
 
Dous deses importantes textos mostran mitos acerca de Baal. Nun deles, perante a asemblea de deuses, presididos por [[El]], Baal combate contra [[Yam]], o deus do mar. Armado por [[Kuthar]], o deus artesán, Baal vence a seu rival, vitoria que se interpreta como o triunfo fronte ao caos.
19.713

edicións