Bicontos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Célula eucariótica
Liña 18:
}}
 
Os '''bicontos''' ou '''''Bikonta''''' son organismos [[eucariota]]s formados por células con dous [[flaxelo]]s desenvolvidos segundo un proceso único <ref> Burki F, Pawlowski J (October 2006). "Monophyly of Rhizaria and multigene phylogeny of unicellular bikonts". Mol. Biol. Evol. 23 (10): 1922–30. DOI:10.1093/molbev/msl055. PMID 16829542. http://mbe.oxfordjournals.org/cgi/pmidlookup?view=long&pmid=16829542.</ref>. É un dos dous grandes [[clado]]s dos eucariotas; o outro son os [[Unikonta]]. Outro rasgotrazo compartido polos Bikonta é a fusión de dous [[xene]]s de [[encima]]s nun só xene, que son os xenes para a timidilato sintase (TS) e a dihidrofolato redutase (DHFR), que codifican unha soa [[proteína]] con dúas funcións (Cavalier-Smith, 2006). Estes xenes [[tradución (proteínas)|tradúcense]] por separado nos Unikonta.
 
Algunhas investigacións suxieren que un [[Unikonta]] (unha célula eucariota cun só flaxelo) foi o antepasado de [[Opisthokonta]] e [[Amoebozoa]], entanto que un Bikonta o foi de [[Archaeplastida]], [[Excavata]], [[Rhizaria]], e [[Chromalveolata]] (que inclúe [[Chromista]] e [[Alveolata]]). [[Cavalier-Smith]] suxeriu que os [[Apusozoa]], que tipicamente son considerados ''incertae sedis'' (de clasificación insegura), son, de feito, Bikonta.