Rocha: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
MerlIwBot (conversa | contribucións)
m Bot: Modifico: cs:Skálacs:Hornina
Liña 51:
No contexto do tempo xeolóxico as rochas sofren transformacións debido a distintos procesos. Os ''axentes xeolóxicos exteriores'' producen a ''[[meteorización]]'', ''[[erosión]]'', ''[[transporte]]'' e ''[[sedimentación]]'' das rochas da [[superficie]].
 
Chámase [[meteorización]] á acción xeolóxica da atmosfera, que produce unha degradación, fragmentación e [[oxidación]]. Os materiais resultantes da meteorización poden ser atacados pola [[erosión]] e transportados. A acumulación de fragmentos de rocha desprazados pola [[gravidade]] forman [[derrubo]]s. Cando cesa o transporte dos materiais, estes deposítanse en forma de sedimentos nas ''cuncas sedimentarias'', uns sobre outros, formando capas horizontais (''[[Estrato (xeoloxía)|estrato]]s'').
 
Os sedimentos sofren unha serie de procesos ([[diaxénese]]) que os transforman en rochas sedimentarias. Aquelas proceden da compactación e cementación de [[sedimento]]s; prodúcense nas cuncas sedimentarias, principalmente os fondos mariños.