Transformación xenética: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 6:
A transformación foi descuberta en 1928 polo bacteriólogo británico [[Frederick Griffith]]. Griffith estaba traballando co ''[[Streptococcus pneumoniae]]'', bacteria que ten dúas estirpes, unha virulenta ou S e outra non virulenta ou R. Griffith descubriu que a estirpe non virulenta de ''[[Streptococcus pneumoniae]]'' podía ser transformada en virulenta se a mesturábamos con bacterias da estirpe virulenta mortas por calor. Griffith supuxo que algún "principio transformante" pasaba das células mortas virulentas ás células vivas non virulentas, que dese modo se ''transformaban'' en virulentas, pero non puido identificar que substancia era o principio transformador. En 1944 [[Oswald Avery]], [[Colin MacLeod]], e [[Maclyn McCarty]] identificaron o principio transformador como o ADN, o que serviu para demostrar que o ADN é a molécula que contén a información xenética nas células (o que ata entón se poñía en dúbida). Parte do ADN dos ''Streptococcus'' S pasaba ás células R, provocando a transformación. <ref>{{cite book|title = The Transformation of Genetics by DNA: An Anniversary Celebration of AVERY, MACLEOD and MCCARTY(1944) in ''Anecdotal, Historical and Critical Commentaries on Genetics'' | last = Lederberg | first = Joshua| authorlink = Joshua Lederberg | year= 1994 | publisher = The Rockfeller University, New York, New York 10021-6399 | pmid = 8150273}}</ref>
 
Pensábase inicialmente que ''[[Escherichia coli]]'', unha bacteria utilizada correntemente como organismo de laboratorio, non podía experimentar transformación. Porén, en 1970, Morton Mandel e Akiko Higa demostraron que ''E. coli'' pode ser inducida a captar ADN do [[fago lambda|bacteriófago λ]] sen ter que utilizar [[fago axudante|fagos axudantes]] despois de ser tratada con solucións de [[cloruro de calcio]]. <ref>{{cite journal|doi = 10.1016/0022-2836(70)90051-3 |title = Calcium-dependent bacteriophage DNA infection | last = Mandel | first = Morton | coauthors = Higa, Akiko | journal = Journal of Molecular Biology | year= 1970 | url = http://www.sciencedirect.com/science/article/pii/0022283670900513 | volume = 53 |issue = 1 |pages = 159–162|pmid = 4922220 }}</ref> Dous anos despois en 1972, Stanley Cohen, Annie Chang e Leslie Hsu demostraron que o tratamento con CaCl<sub>2</sub> é tamén efectivo para a transformación de ADN de plásmidos. <ref>{{cite journal|doi = 10.1073/pnas.69.8.2110|title = Nonchromosomal Antibiotic Resistance in Bacteria: Genetic Transformation of Escherichia coli by R-Factor DNA | last = Cohen | first = Stanley | authorlink = Stanley Cohen (biochemist) | coauthors = Chang, Annie and Hsu, Leslie | journal = Proceedings of the National Academy of Sciences | year= 1972 | url = http://www.pnas.org/content/69/8/2110.abstract|pmid = 4559594|volume = 69|issue = 8|pages = 2110–4|pmc = 426879}}</ref> O método de transformación de Mandel e Higa foi despois mellorado por [[Douglas Hanahan]]. <ref>{{cite pmid|Hanahan, D. (1983). "Studies on transformation of Escherichia coli with plasmids". Journal of Molecular Biology 166 (4): 557–580. doi:10.1016/S0022-2836(83)80284-8. PMID 6345791|noedit. }}</ref> O descubrimento da existencia de competencia inducida artificialmente en ''E. coli'' proporcionou un eficiente e útil procedemento para provocar a transformación de bacterias, que permitiu simplificar os métodos de [[clonaxe molecular]] en [[biotecnoloxía]] e [[investigación]], e que se converteu nun procedemento de rutina nos laboratorios.
 
A transformación utilizando [[electroporación]] desenvolveuse a finais da década de 1980, e incrementou a eficiencia da transformación in vitro e o número de estirpes bacterianas que se podían transformar. <ref>{{cite journal|title = Transformation of various species of gram-negative bacteria belonging to 11 different genera by electroporation | last = Wirth | first = Reinhard | coauthors = Friesenegger, Anita and Fiedlerand, Stefan | journal = Molecular and General Genetics MGG | year= 1989| url = http://www.springerlink.com/content/xx826w544343jt8l/}}</ref> A transformación de células animais e vexetais investigouse no primeiro [[rato transxénico]] que se creou, inxectando un xene dunha hormona de crecemento da rat<u>a</u> nun embrión de rat<u>o</u> en 1982. <ref>{{cite journal |title = Dramatic growth of mice that develop from eggs microinjected with metallothionein−growth hormone fusion genes | last = Palmiter| first = Richard | coauthors = Ralph L. Brinster, Robert E. Hammer, Myrna E. Trumbauer, Michael G. Rosenfeld, Neal C. Birnberg & Ronald M. Evans | journal = Nature |volume = 300 |issue = 5893 |pages = 611–5 | year= 1982| url = http://www.nature.com/nature/journal/v300/n5893/abs/300611a0.html |pmid = 6958982 |doi = 10.1038/300611a0}}</ref> En 1907 descubriuse que a bacteria ''[[Agrobacterium tumefaciens]]'' causaba tumores nas plantas, e a principios da década de 1970 descubriuse que o axente indutor de tumores era un [[plásmido]] chamado [[plásmido Ti]]. <ref>{{cite web |last = Nester| first = Eugene | title = Agrobacterium: The Natural Genetic Engineer (100 Years Later) | url = http://www.apsnet.org/publications/apsnetfeatures/Pages/Agrobacterium.aspx | accessdate = 14 January 2011}}</ref> Eliminando os xenes do plásmido que causaban o tumor e engadindo novos xenes os investigadores estiveron en condicións de poder infectar plantas con ''A. tumefaciens'' para que a bacteria inserise o ADN seleccionado nos xenoma das plantas. <ref> Zambryski, P.; Joos, H.; Genetello, C.; Leemans, J.; Montagu, M. V.; Schell, J. (1983). "Ti plasmid vector for the introduction of DNA into plant cells without alteration of their normal regeneration capacity". The EMBO Journal 2 (12): 2143–2150. PMC 555426. PMID 16453482. http://www.pubmedcentral.nih.gov/articlerender.fcgi?tool=pmcentrez&artid=555426. </ref> Non todas as plantas son susceptibles ás infección por ''A. tumefaciens'' polo que se desenvolveron métodos alternativos como a [[electroporación]] e a [[microinxección]].<ref>{{cite web |last = Peters| first = Pamela | title = Transforming Plants - Basic Genetic Engineering Techniques | url = http://www.accessexcellence.org/RC/AB/BA/Transforming_Plants.php | accessdate = 28 January 2010}}</ref> O bombardeo de partículas fíxose posible coa invención da "pistola (canón, escopeta) de xenes" ou [[biolística]] por [[John C. Sanford|John Sanford]] en 1990. <ref>{{cite web |last = Voiland | first = Michael | coauthors = McCandless, Linda | title = DEVELOPMENT OF THE "GENE GUN" AT CORNELL | url = http://www.nysaes.cornell.edu/pubs/press/1999/genegun.html | accessdate = 28th january 2010}}</ref>