Transformación xenética: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Griffith experiment.svg|miniatura|dereita|Experimento no que F. Griffith descubriu a transformación bacteriana na bacteria ''Streptococcus''.]]
En [[bioloxía molecular]] denomínase '''transformación''' á alteración xenética dunha célula como resultado da captación a través da membrana celular, incorporación e expresión de material xenético exóxeno ([[ADN exóxeno]]) do medio que a rodea. A transformación ten lugar de forma natural nalgunhas especies de [[bacteria]]s (transformación bacteriana), pero pode tamén efectuarse por medios artificiais noutras celulas. Para que se produza a transformación, as bacterias deben estar nun estado chamado ''competente'' ou de ''competencia'', que pode acontecer como unha resposta por tempo limitado ás condicións ambientais como escasez de nutrientes e densidade celular. A transformación é un dos tres procesos polos cales o material xenético exóxeno pode introducirse nunha célula bacteriana; os outros dous son a [[conxugación bacteriana]] (na que as células transfiren ADN por contacto directo) e a [[transdución (xenética)|transdución]] (na que un virus transporta xenes dunha bacteria a outra). O termo "transformación" pode utilizarse tamén para describir a inserción de novo material xenético en células non bacterianas, como fungos, plantas e animais, pero especialmente para os animais prefírese usar o termo transfección para non confundila coa "transformación" celular que ten lugar durante o [[cáncer]]. A introdución de ADN alleo en [[célula eucariota|células eucariotas]] denomínase "[[transfección]]". <ref>{{cite book |title=Molecular Biology of the Cell |last=Alberts |first= Bruce|authorlink=Bruce Alberts |coauthors= ''et al.''|year= 2002|publisher= Garland Science|location= New York|isbn= 978-0-8153-4072-0|page=G:35}}</ref>